A Mariña, 7 de agosto, 2026. Manuel de Falla regresou este xoves 6 de agosto ao Castelo de Castro de Ouro, en Alfoz, pero non o fixo como unha figura detida no tempo. Fíxoo transformado, reinterpretado e levado a un territorio musical distinto por Moisés P. Sánchez, un dos nomes máis destacados do jazz europeo. Falla Imaginado, presentado neste segundo concerto da 13ª edición do Festival Bal y Gay, propuxo precisamente iso: volver escoitar a Falla desde o presente, combinando o respecto pola partitura coa liberdade da improvisación e a linguaxe do jazz. Unha noite inesquecible para o público asistente, que esgotou as entradas. O XIII Festival Bal y Gay, referente en España pola mellor música clásica do mundo en escenarios únicos da Mariña (Lugo), continúa este venres día 7 (21:00) coa soprano Auxiliadora Toledano e o pianista Javier Carmena no Mosteiro de San Salvador de Lourenzá.
Un trío soberbio que combina tradición e modernidade
A proposta parte de varias das páxinas máis recoñecibles do compositor, entre elas diferentes movementos da Suite Popular Española, ás que Sánchez aplica novos arranxos e pon en diálogo cunha suite orixinal inspirada no universo creativo de Falla e, especialmente, nas ideas musicais do seu Concerto para Clave. O resultado é un fermoso repertorio no que conviven escritura e improvisación, tradición e contemporaneidade.
A operación ten ademais un significado especial neste 2026, ano no que se conmemora o 150 aniversario do nacemento de Manuel de Falla. Fronte a unha celebración baseada exclusivamente na recuperación do repertorio, Falla Imaginado propón unha aproximación creativa: non se trata só de interpretar de novo a Falla, senón de preguntarse que posibilidades ofrece hoxe a súa música cando se somete a outros linguaxes sen perder a súa identidade. A singularidade do proxecto reside precisamente nesa combinación. Falla aparece como punto de partida para unha creación contemporánea na que o jazz, a improvisación e o rigor da escritura clásica conviven sen que ningún destes elementos quede relegado a un papel secundario. O aniversario convértese así nunha oportunidade para demostrar que o legado do compositor continúa aberto a novas lecturas.
Para desenvolver esta proposta, Sánchez conta con dous intérpretes que amplían considerablemente o espectro sonoro do proxecto: a violinista Ana María Valderrama e o contrabaixista Pablo Martín Caminero. Moisés P. Sánchez aborda Falla Imaginado desde unha traxectoria marcada pola busca de novos linguaxes. Pianista, compositor, arranxista e produtor, construíu durante máis de dúas décadas unha carreira vinculada ao cruce entre xéneros. O proxecto supón, ademais, un paso especialmente significativo no seu percorrido. O propio Sánchez recoñece que é a primeira vez que aborda directamente a obra dun compositor do seu país e que o traballo representa “un punto de inflexión” na súa traxectoria. A súa intención é manter un profundo respecto pola tradición escrita ao tempo que desenvolve unha mirada libre sobre o material de partida. O violín e o contrabaixo completan o piano de Sánchez e proporcionan ao proxecto unha formación de cámara capaz de moverse con naturalidade entre a precisión da escritura e a apertura da improvisación.
























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



