Cervo, 7 de agosto, 2026. O IX Torneo Maruxaina abriu a programación deportiva da festa cun gran ambiente no Campo da Veiga. Este xoves disputouse o IX Torneo Maruxaina, organizado polo C.D. San Ciprián coa colaboración do Concello de Cervo, nun encontro que enfrontou ao conxunto anfitrión coa U.D. Folgueiro.
O partido rematou coa vitoria da U.D. Folgueiro por 0-2 fronte ao C.D. San Ciprián, nun choque marcado pola deportividade e polo bo ambiente nas bancadas.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, xunto ao presidente do C.D. San Ciprián, Eduardo Rubal, foi a encargada de facer entrega dos trofeos aos dous equipos e quixo felicitar tanto aos xogadores como á organización polo traballo realizado.
A rexedora destacou que “o Torneo Maruxaina é xa unha cita consolidada que serve para dar o pistoletazo de saída á programación festiva a través do deporte”. Ademais, agradeceu ao C.D. San Ciprián “a súa implicación e o seu traballo para facer posible unha nova edición”, e felicitou á U.D. Folgueiro pola vitoria e ao equipo anfitrión “polo gran partido disputado e polo seu compromiso co deporte local”.
O Concello de Cervo trasladou tamén o seu agradecemento ao C.D. San Ciprián, á U.D. Folgueiro, á afección e a todas as persoas que fixeron posible unha tarde de fútbol e convivencia en San Cibrao.
























En concreto, o sinistro ocorreu na N-634, en Vilaframil. Neste caso, un dos vehículos implicados envorcou e o único ocupante quedou atrapado, polo que necesitou axuda dos Bombeiros de Barreiros para poder saír do coche. Cando foi liberada, a persoa recibiu os primeiros coidados dun equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 desprazado no lugar dos feitos. En relación ao outro condutor implicado no accidente, cómpre destacar que tamén era o único ocupante, resultou ileso e estaba liberado e accesible.
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.


