Ameijide: “Precisamos iniciativa empresarial capaz de xerar riqueza e reter e atraer talento a todas as comarcas, un modelo de desenvolvemento que necesitamos para soster os nosos concellos e evitar a perda de poboación”
Alfoz do Castrodouro, 11 de agosto de 2026. Os deputados do Grupo Provincial Popular, acompados do voceiro do PP en Alfoz, Juanjo Fraga, coñeceron de primeira man o funcionamento da empresa Hijos de Ramón Rubal, situada en Alfoz, un encontro no que comprobaron como nesta empresa combínase a tradición dun negocio con máis de noventa anos de historia coa tecnoloxía máis vangardista no eido da xestión forestal e o aserrado de madeira.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, destacou a necesidade de “apoiar e potenciar” a implantación de iniciativas económicas sólidas en municipios eminentemente rurais, como Alfoz, xa que “fixar poboación e a crear emprego cualificado e estable no territorio son desafíos que só se poden afrontar con éxito a través de iniciativas empresariais arraigadas como esta”.
“Empresas como Hijos de Ramón Rubal demostran que dende o rural e apostando polos recursos propios é posible liderar sectores produtivos de primeiro orde. A súa capacidade para xerar riqueza e reter e atraer talento á comarca é o mellor exemplo do modelo de desenvolvemento que necesitamos para soster os nosos concellos”, destacou.
Esta empresa consolidouse como un dos grandes piares económicos da zona e abarca de xeito integral toda a cadea de valor do sector forestal: dende a corta e roza sostible no monte e o transporte ata a primeira transformación e expedición do produto final.
A actividade diaria de Hijos de Ramón Rubal destaca polo seu elevado volume de negocio, procesan en torno ás 400 toneladas de madeira cada día, un importante volume de materia prima procedente principalmente dos montes do norte de Galicia e Asturias, abastecendo tanto o mercado nacional como o internacional.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



