Este mediodía, revisaba as miñas redes cando me chegou, por WhatsApp, a nova do pasamento do meu amigo Luís Gonçales Blasco, coñecido por todos os galeguistas como “Foz”.
Non direi que me sorprendese de todo. A última vez que faláramos, hai dous meses, vírao con bo aspecto, pero non me cadraba que non coincidíramos durante todo o verán. A el gustáballe moito estar en Foz no verán e era raro que non estivese aquí polas Festas do Carme. Esa ausencia estrañábame.
Nos obituarios, é habitual falar da biografía intelectual do finado. Podería falar do “Foz” activista e intelectual que exiliou en Francia a finais da década de 1960, do fundador da UPG, da peza chave na Carta de Brest, do independentista galego convencido ou do militante reintegracionista membro da AGAL e da Academia da Lingua Portuguesa na Galiza. Tamén, do escritor da historia da UPG no exterior e biógrafo do pensamento político de Celso Emilio Ferreiro. E, como non, podería falar do afeccionado á lectura e a aprendizaxe de idiomas, incluído o catalán.
Mais, por riba de todo iso, hoxe interésame falar do “Foz” como amigo persoal, exemplo de lealdade. Daquela persoa pola que sentía un afecto xenuíno e que actuaba comigo dende ese sentimento, aínda que sabía moi ben que eu discrepaba de gran parte do seu ideario. Interésame falar dese amigo que deu a cara por min e presentou a miña segunda novela. Quero falar, igualmente, desa persoa que sempre que viña a Foz me chamaba para quedarmos a tomar algo e falar un chisco. E, finalmente, de quen me emprestou e agasallou multitude de libros porque coñecía o meu interese por determinadas materias; mesmo de quen me traía castañas e kiwis de Eirapedriña sempre que podía.
A mellor homenaxe que lle poido facer a quen sempre se considerou un patriota galego é lembralo polo seu pensamento, si, pero sobre todo pola súa calidade humana. E, nisto, destacaba, sen ningunha dúbida e alén das consideracións ideolóxicas. Na historia adoitan quedar os datos biográficos intelectuais, pero para min o máis importante é deixar por escrito que hoxe nos deixou unha boa persoa que, malia os golpes que levou na vida, tentou tratar ben aos seus semellantes.
Desexo que as institucións públicas lle dean o recoñecemento que o país lle debe. Foi unha lenda viva e agora que traspasou cómpre manter o seu legado.
Que a terra lle sexa leve.























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



