Viveiro, 20 de agosto, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro quere poñer en valor a colaboración da Deputación de Lugo coa Comisión de Festas de Viveiro, contribuíndo á celebración de tres das actuacións incluídas na programación festiva deste ano.
Desde o PSOE de Viveiro defenden que, independentemente de quen goberne no Concello, o importante é Viveiro, os seus veciños e veciñas e o apoio ás persoas e colectivos que traballan para sacar adiante actividades no municipio. Neste caso, destacan o labor dunha Comisión de Festas que asumiu a organización dunha parte fundamental das celebracións e coa que, ao seu xuízo, as administracións deben colaborar.
Por este motivo, o Grupo Socialista valora que a Deputación de Lugo contribuíse economicamente á programación, porque consideran que esa é tamén unha forma de demostrar compromiso con Viveiro: colaborar, achegar recursos e axudar a que as festas poidan saír adiante, estea quen estea gobernando no Concello.
Ao mesmo tempo, anuncian que no próximo Pleno municipal solicitarán ao Goberno local que informe cal foi exactamente a colaboración económica da Xunta de Galicia nas festas de Viveiro e nas actividades organizadas directamente polo Concello.
A formación explica que durante estes días se puido comprobar unha presenza constante da imaxe da Xunta de Galicia: cartelería en numerosos espazos, publicidade no palco e presenza da súa imaxe institucional en diferentes puntos e actividades das festas.
Ante este despregamento publicitario, o PSOE entende que a achega da Xunta debe ser igualmente importante. Porque, se a colaboración económica non se corresponde con toda esa visibilidade institucional, sería difícil comprender que o Concello lle conceda á Xunta unha presenza tan extraordinaria.
Os socialistas subliñan que o seu único obxectivo é que os veciños e veciñas coñezan os datos: canto achegou cada administración ás festas de Viveiro e a que actividades concretas se destinou ese apoio.
Conclúen que, cando unha administración colabora con Viveiro, celebran e agradecen esa contribución, sexa da cor política que sexa. Pero tamén consideran que a publicidade institucional debe gardar relación coa colaboración real que recibe o Concello, porque por riba das siglas e dos intereses partidistas debe estar sempre Viveiro.





















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



