A Mariña, 21 de agosto, 2026. KamBrass Quintet, grupo revelación da música clásica en España, ofreceu un espléndido concerto no ‘XIII Festival Bal y Gay’ este xoves 20 de agosto no Museo e Fábrica de Sargadelos, en Cervo. O quinteto catalán rendeu tributo á folía no marco da súa xira española como Premio Ensemble Emergente FestClásica. Fíxoo nun dos espazos máis emblemáticos do festival e da comarca da Mariña lucense.
O ‘XIII Festival Bal y Gay’ chega este venres 21 de agosto á súa clausura cun recital protagonizado polo tenor Ilker Arcayürek e o pianista Daniel Heide, que ofrecerán ás 20:30 horas, na Basílica de San Martiño de Foz, unha das grandes obras do repertorio de lied: ‘Die schöne Müllerin (La bella molinera), D. 795’, de Franz Schubert. O tenor turco-austríaco substitúe a Samuel Hasselhorn, que tivo que cancelar a súa presenza por motivos de saúde.
KamBrass Quintet subiu ao escenario do Museo e Fábrica de Sargadelos para continuar a súa xira por España co programa gañador do mencionado recoñecemento: ‘Transfoliación: metamorfosis de la folía’. Iñigo Ocón (trompeta), Joan Pámies (trompeta), Maria Servera (trompa), Xavier Gil (trombón) e Oriol Reverter (tuba) despregaron a súa calidade interpretativa, innovación musical e compromiso coa excelencia nun repertorio inédito que combina virtuosismo, creatividade e frescura.
O programa constrúese arredor da idea da folía, forma musical de orixe ibérica nacida no Renacemento e utilizada por numerosos compositores ao longo da historia. Así sucede co trompista estadounidense Jan Bach e as súas ‘Foliations’, fío condutor dun menú no que tamén teñen cabida Juan del Encina, Jean-Baptiste Lully, Manuel de Falla e Garazi Zabaleta.
“Es muy ilusionante participar en un festival que conocemos y seguimos desde hace tiempo. Llevábamos años queriendo venir. Es un gran escaparate para nosotros y una oportunidad que valoramos muchísimo. Hoy hemos presentado nuestro homenaje a la folía, una forma musical nacida en el Renacimiento, de origen anónimo, vinculada a la celebración, el canto y la danza. A lo largo del concierto hemos recorrido su evolución, desde sus orígenes hasta su transformación en un estándar refinado por compositores como Lully, que inspiró a muchos otros a lo largo del tiempo. Este recorrido se articula también a través de la obra de Jan Bach, ‘Folia y variaciones’, que funciona como hilo conductor del programa”, subliñou KamBrass Quintet tras o concerto.
Clausura con Arcayürek e Heide na Basílica de San Martiño de Foz
Considerado unha das voces máis versátiles da súa xeración, Arcayürek naceu en Istambul e medrou en Viena. Gañador do Concurso Internacional de Lied da Academia Hugo Wolf e finalista do BBC Cardiff Singer of the World, desenvolveu unha destacada carreira operística e concertística en escenarios internacionais como o Teatro Real de Madrid, o Festival de Salzburgo, a Canadian Opera Company de Toronto ou o Festival de Edimburgo.
O lied ocupa un lugar central na súa traxectoria, con recitais en espazos como o Wigmore Hall de Londres, o Concertgebouw de Ámsterdam ou a Schubertiada de Vilabertran. Neste ámbito mantén unha estreita colaboración artística con Daniel Heide, un dos pianistas acompañantes de lied máis recoñecidos da súa xeración, co que construíu unha sólida traxectoria conxunta.
O programa que interpretarán no Festival Bal y Gay propón percorrer as vinte cancións que integran este ciclo, inspirado nos poemas de Wilhelm Müller e articulado arredor da historia dun mozo que se namora da filla dun muiñeiro e ve truncado o seu amor cando ela o abandona por un cazador. A paisaxe e, especialmente, o regato acompañan ao protagonista nun percorrido emocional que transita pola ilusión, o amor, os celos, a perda e a resignación final.
A clausura do Festival Bal y Gay estará dedicada integramente a Schubert e a unha obra que condensa algunhas das claves esenciais do seu universo vocal. O recital concluirá con ‘Des Baches Wiegenlied’ (Canción de cuna del arroyo), unha peza na que, como sinala Arturo Reverter nas notas ao programa, a traxedia termina sendo aceptada cunha melancólica resignación.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



