A Mariña, 22 de agosto, 2026. O tenor Ilker Arcayürek e o pianista Daniel Heide puxeron este venres 21 de agosto o broche de ouro ao XIII Festival Bal y Gay cunha intensa interpretación de Die schöne Müllerin (A fermosa muiñeira), de Franz Schubert, no incomparable marco da Basílica de San Martiño de Foz: a catedral máis antiga de España. O recital, que percorreu as vinte cancións do ciclo, pechou a edición máis internacional do festival, marcada pola presenza de grandes nomes da escena clásica e pola celebración de concertos en espazos patrimoniais singulares da Mariña.
UNHA DAS VOCES MÁIS DESTACADAS DA SÚA XERACIÓN
Arcayürek converteuse no gran protagonista da noite. O tenor turco-austríaco, nacido en Istambul e criado en Viena, confirmou en Foz as cualidades que o situaron entre as voces máis destacadas da súa xeración: un timbre de gran riqueza, versatilidade e unha extraordinaria capacidade para poñer a palabra ao servizo da música. Gañador do Concurso Internacional de Lied da Academia Hugo Wolf de Stuttgart e finalista do BBC Cardiff Singer of the World, Arcayürek desenvolveu unha importante carreira internacional en escenarios como o Teatro Real de Madrid, o Festival de Salzburgo, a Canadian Opera Company de Toronto ou o Festival de Edimburgo.
A interpretación de A fermosa muiñeira permitiu comprobar a súa especial afinidade co repertorio de lied. Ao longo das vinte cancións, Arcayürek percorreu a viaxe emocional do protagonista cunha notable variedade de matices, desde a vitalidade e o entusiasmo inicial de Das Wandern e Wohin? ata a introspección e o desengano das últimas pezas. O relato de Müller e Schubert avanzou así desde o descubrimento do amor ata os celos, a perda e a resignación final.
A crítica especializada destacou precisamente estas cualidades nas interpretacións de Arcayürek. A súa capacidade para combinar un timbre característico cunha gran flexibilidade expresiva, o coidado da dicción e a atención ao contido poético sitúanse entre os trazos máis recoñecidos do seu traballo no lied.
Nas súas colaboracións con Daniel Heide, ambos demostraron unha especial compenetración musical, froito dunha relación artística consolidada en recitais celebrados nalgúns dos grandes escenarios europeos do xénero, como o Wigmore Hall de Londres, o Concertgebouw de Ámsterdam ou a Schubertiada de Vilabertran.
FERMOSA INTERPRETACIÓN DA PAISAXE SONORA DE SCHUBERT
Heide desempeñou un papel esencial durante o recital celebrado no Festival Bal y Gay, acompañando e dialogando coa voz de Arcayürek e dando forma á paisaxe sonora de Schubert. Considerado un dos acompañantes de lied máis recoñecidos da súa xeración, o pianista alemán desenvolve unha intensa actividade internacional xunto a destacados cantantes e conta cunha ampla discografía distinguida con numerosos premios.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



