Burela, 25 de agosto, 2026. As actividades de verán da Casa da Xuventude de Burela encaran a súa recta final cunha programación que, un ano máis, está a ter unha excelente acollida entre a mocidade do municipio. Onte celebrouse a última sesión de xogos tradicionais, conducida por Santiago e Toñito “Gacha”, das asociacións A Moncloa e Ledicia. A rapazada puido gozar de propostas como os zancos ou o aro, e mesmo descubrir a esbila, unha ferramenta tradicional empregada para sacar as castañas dos ourizos.
O tenente de alcaldesa, Mario Pillado, agradeceu “a participación dos rapaces e rapazas, así como o traballo de Santiago e Antonio e das asociacións Moncloa e Ledicia pola súa colaboración”. Engadiu que “seguimos coas actividades para poñer fin a unha programación que foi todo un éxito un ano máis”.
A Casa da Xuventude acolle desde o 13 de xullo un amplo programa organizado pola Tenencia de Alcaldía coa colaboración da área de Mocidade da Deputación de Lugo. Sesións de xogos tradicionais, fútbol na rúa e obradoiros de robótica e matemática conforman unha oferta pensada para proporcionar á mocidade de Burela unha alternativa de lecer, aprendizaxe e convivencia durante as vacacións de verán.
Unha trintena de rapazas e rapaces de entre 12 e 18 anos participan habitualmente nas actividades, que se desenvolven de luns a xoves e que rematarán este xoves, 27 de agosto. O deputado de Mocidade, Daniel García, e o tenente de alcaldesa, Mario Pillado, visitaron esta mañá unha das sesións, na que a rapazada traballaba na construción e programación de robots.
Pillado destacou que estas propostas “permiten que as rapazas e rapaces pasen unhas horas entretidas durante o verán e tomen contacto con actividades novas, que poden interesarlles e serlles de utilidade tamén de cara ao futuro”. Ademais, subliñou que esta programación é unha oportunidade “para que as cativas e cativos se acheguen á Casa da Xuventude, que conta con outros espazos de lecer e convivencia dispoñibles durante todo o horario de apertura do centro”.
Pola súa banda, o deputado Daniel García valorou “o compromiso da Tenencia de Alcaldía de Burela polas políticas centradas na infancia e mocidade, cun traballo sistemático e específico que se reflicte na programación de actividades ao longo do ano”. Destacou tamén “a aposta por dar un lugar central ás demandas e necesidades das xeracións máis novas, especialmente nun concello coma Burela, que está entre os de maior porcentaxe de poboación nova da provincia”.
A previsión meteorolóxica obriga a cancelar a sesión de fútbol na rúa prevista para mañá, mércores 26 de agosto. Así, despois da actividade de robótica de hoxe, o programa despedirase cunha xuntanza final o xoves 27, aberta a todos os rapaces e rapazas que participaron ao longo do verán. O Concello de Burela entregará un detalle de agradecemento a todas e todos eles.
A área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo achega ao Concello de Burela 20.000 euros para as actividades dirixidas á infancia e mocidade que se programan ao longo do ano, entre as que se inclúen, ademais da programación de verán, as actividades de participación infantil da II Semana da Infancia, previstas do 19 ao 23 de outubro.



















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.



