Burela, 25 de agosto, 2026. Cinco anos despois de iniciar a súa etapa na Selección Galega Sub-16, Jairo Campo pecha un ciclo clave no Burela FS, onde asumiu a coordinación da base feminina e contribuíu a construír un proxecto que hoxe é referente na Mariña. A súa chegada ao club coincidiu cun reto ambicioso: crear unha estrutura sólida para o fútbol sala feminino desde as categorías máis temperás.
Na primeira tempada competiron cadete e xuvenil, ademais de grupos de menor idade que comezaron con amigables. A partir dese punto, o proxecto medrou ata contar con equipos en todas as categorías, incluído o filial. Hoxe, a Escola Imdecum Burela FS reúne entre 70 e 80 nenas, consolidando unha das bases femininas máis fortes de Galicia.
Para Jairo, este ciclo deixa unha pegada fonda: “A base é o tesouro máis grande que pode ter un club. Moitas das nenas que comezaron en cadete chegaron a cumprir un soño: xogar en Primeira División a tempada pasada. Iria, Esther ou Claudia son exemplo desa primeira pedra, nenas que empezaron en prebenxamín e que hoxe inspiran ás demais”.
O coordinador destaca que o valor humano é o motor da escola: “Somos moita e boa xente remando no día a día. As familias son empáticas, nós somos próximos, e ese valor humano é a nosa identidade”.
Formación deportiva e humana
O obxectivo da escola é claro: formar nenas tanto no ámbito deportivo como no humano. Campo subliña que cada xogadora pode escoller o seu camiño, desde as que buscan gozar do deporte ata aquelas que perseguen metas competitivas: “Queremos que medren con valores, actitude e comportamento, ademais da parte técnico-táctica”.
A evolución foi notable: de competir contra equipos masculinos a disputar un Campionato de España Xuvenil e estrearse en Primeira División. Ademais, varias xogadoras foron convocadas polas seleccións galegas e outras terán oportunidades en Segunda División.
Un novo ciclo para 2026-27
Na tempada 2026-27, a escola contará de novo con todas as categorías femininas, desde Benxamín ata Xuvenil, ademais do Filial.
“Péchase un ciclo de cinco anos e ábrese outro para seguir potenciando ás nenas da Mariña, desde Mondoñedo ao Vicedo”, explica Jairo.
O coordinador anima ás familias a achegarse sen presión: “Somos o único club con base feminina na Mariña. As nenas poden vir probar sen compromiso. Se lles gusta xogar á pelota, aquí estaremos. O importante é xogar e disfrutar”.





















O público poderá desfrutar dunha proposta que parte da música tradicional galega, combinando a gaita e as frautas con instrumentos como o violín, acordeón, guitarra, baixo ou percusión, nunha mestura de tradición e modernidade cun marcado carácter atlántico e celta. A actuación, con entrada libre, ofrece unha noite para gozar da música galega en directo e seguir achegando a cultura e a tradición aos espazos públicos do municipio.
A actuación estará a cargo da Coral Polifónica de Ribadeo coa colaboración do Coro Sagrado Corazón. A entrada solidaria ten un prezo de 6 euros e poderá adquirirse na billeteira do teatro o mesmo día, en horario de 12:00 a 13:30 e desde as 19:00 horas. O evento conta coa colaboración da AECC Lugo, o Concello de Ribadeo e o espazo cultural Castillo San Damian.
Foi a unhas oito millas de Estaca de Bares. O 112 Galicia tivo coñecemento do suceso arredor das 22:30 horas deste luns a través do Servizo de Gardacostas de Galicia, que indicou que se mobilizaba o helicóptero Pesca II logo de que se producise lume nun barco, con tres tripulantes a bordo. Porén, os mariñeiros foron evacuados do lugar a través dun pesqueiro que se atopaba na zona para, posteriormente, ser trasladados en ambulancia. Por outra banda, o barco finalmente afondou no mar. Cómpre mencionar que neste operativo tamén participaron Salvamento Marítimo e a Garda Civil.
Esta actividade, organizada polo Concello de Lourenzá, será na praza César Chavarría Pacio e haberá tres funcións: ás 13:00, ás 18:30 e ás 20:00 horas. A entrada é de balde por orde de chegada ata completar aforo. A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, destaca que “a maxia é unha desas propostas que sempre ten unha acollida moi especial en Lourenzá. Gusta aos pequenos, pero tamén consegue sorprender e ilusionar aos maiores, converténdose nun plan perfecto para gozar en familia”.
Xunto a autoridades locais, destacou a importancia de preservar as tradicións e lembrou que a Deputación destinou este ano 400.000 € ao Concello para servizos básicos. A festa, creada en 1992 e impulsada pola Asociación de Amigos da Malla, busca recuperar e poñer en valor este oficio tradicional. A programación incluíu documental, obradoiros, música, exposicións de maquinaria antiga e actividades para nenos.
Ata a Cedofestiña, que tivo lugar onte no Pazo de Cedofeita, se achegaron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Cultura, Begoña Sanjurjo. O Concello colaborou unha edición máis coas Vacas Fracas.
Con motivo desta data tan especial, o alcalde Demetrio Salgueiro, xunto ás concelleiras Tamara Soto e Mª Dolores Meitín, visitouna para felicitala persoalmente e compartir con ela unha celebración tan emotiva. O Concello destacou a alegría e o orgullo que supón chegar ao século de vida e trasladoulle os seus parabéns, desexándolle saúde, felicidade e moitos máis anos rodeada dos seus seres queridos.

