Nota de prensa
Dende o BNG de Trabada cando o ano 2011 acaba de comezar queremos facer un balance do que foi esta lexislatura da que tan so lle quedan uns meses.
O señor Ginzo non foi capaz de executar nin tan sequera o 10% das promesas do programa electoral, nos os nacionalistas co panfleto do PP de Trabada das municipais 2007 diante e votándolle unha ollada vemos que as inversións que se reflexan nel o goberno do PP non cumpriu case que ningunha e iso e practicar a política da mentira e entendemos a desconfianza dos veciños que ven que todo o que se prometía esfumase. No BNG cremos que isto e unha burla os veciños por que os programas electorais están para cumprirse.
Estas son algunhas das obras que ían no programa electoral do PP de Trabada e a nosa valoración de cada unha:
Plan xeral No panfleto poñíase que se ía rematar nese ano, e dicir no 2007 e de momento xa van tres anos de atraso, a nosa pregunta: ¿para cando e canto diñeiro mais se vai a seguir a fundir nel?
Residencia para maiores e centro de dia obra necesaria para un concello cunha taxa de poboación moi envellecida, agora que a o consello de administración da empresa publica SUPLUSA, entidade dependente da deputación de Lugo gobernada polo bipartito o que o señor Ginzo acostuma a votarlle as culpas de tódolos seus males acordou a súa construción cun presuposto que ronda os 1.400.000 €
Os nacionalistas de Trabada criticamos que o PP se abstivese nas votacións para fixar a construción da residencia no noso concello, isto non e de recibo.
Vivendas sociais largamente prometidas polo noso alcalde ¿cando se van facer po 2025? cando non queden xente xoven no noso concello.
E moi común ver nos medios de comunicación o máximo representante do PP local xunto co señor Balseiro, cada dous meses nestes últimos anos pa dicirnos que xa se vai comezar a construción. Como aconteceu fai uns dias que volveron a facer a acostumada roda de prensa que en tres meses xa estaban en marcha, so hai que votarlle unha mirada os presupostos do 2011 da Xunta de Galiza no cal non ven ningunha partida especifica pas vivendas sociais de Trabada, polo que e unha nova tomadura de pelo pos veciños.
Esta obra e primordial para asentala poboación no noso concello. E cando o final se leven a cabo esperemos que non teñamos que agardar moito tempo, aí vai a estar o BNG a expectativa para que a adxudicación de ditas vivendas se faia con criterios rigorosamente socias e asesorando os veciños que queiran optar a unha vivenda.
Tanatorio diriamos que algo imprescindible pa que non teñamos que velar os nosos familiares en concellos limítrofes, co prexuízo que isto ocasiona pas familias neses momentos tan duros.
Parque eólico e estraño que nun concello coma este no que hai monte sen ningún tipo de produción, que segun os espertos e moi apropiado pa explotar este tipo de enerxía aínda non teñamos ningún aeroxenerador. O que nun principio estaba concedido e outorgado a ventos cooperativos da que forma parte a cooperativa irmandiños da que unha gran maioría de veciños de Trabada son socios, votouno para atrás o goberno do PP da xunta de Galiza, prexudicando a propietarios do monte e mailos socios de irmandiños.
Polígono industrial importante obra para crear emprego e asentar poboación no noso concello moi necesitado, xa que estamos a perder poboación de maneira sangrante.
Albergue de peregrinos na Ria de Abres para cando a súa construción, fai uns anos xa había ata cantidade consignada nos presupostos da Xunta de Galiza para este fin pero non se puido levar a cabo o non poñer o concello solo urbanizable para a súa construción. Este albergue para os peregrinos e primordial pa acercar os camiñantes o noso concello o cal neste ano santo case ningún tomou a variante do camiño que pasa por Trabada en cambio o que pasa por Ribadeo foi amplamente escollida co conseguinte perxuizo pa nosa hostalería e comercio tan faltos de clientela.
Os nacionalistas de Trabada preguntámonos ¿onde están as obras prometidas? En Trabada non se ven por ningures. So vemos que están a vender un montón de fume que cando sopra un pouco de vento vaise, isto e mentir de maneira continua e premeditada os veciños e creando desconfianza.




















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



