Ribadeo, 1 de setembro, 2026. Este domingo 30 rematou en Ribadeo o Rudos Camp (RC Ribadeo), un campus de hóckey liña dirixido a nenos e mozos nados entre 2006 e 2019. A actividade desenvolveuse nun entorno profesional e natural, con adestramentos intensivos e un programa específico para porteiros, impartido polo Club de Hóckey de Aranda de Duero.
O campus celebrouse do 24 ao 30 de agosto nas instalacións municipais de Ribadeo, en colaboración co Club Hockey Isla Pancha e o Concello de Ribadeo.
Participación e actividades
Máis de 40 xogadores de Galicia e doutras comunidades participaron nesta semana de preparación física e técnica, entre eles varios deportistas do club local. Ademais dos adestramentos, o programa incluíu actividades de ocio, como unha sesión de surf na praia de Lóngara.
Un campus para perfeccionar técnica e condición física
O RC Ribadeo é unha opción ideal para xogadores e porteiros que buscan mellorar a súa técnica, preparación física e rendemento deportivo, traballando aspectos como: técnica individual, patinaxe, forza e mobilidade, reflexos ou prevención de lesións
Xornada de portas abertas
O último día celebrouse unha xornada de portas abertas no pavillón Alfredo Deaño, onde as familias puideron ver aos participantes en diversas probas con recompensas e en partidos entre equipos formados para a ocasión.




















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



