Viveiro, 1 de setembro, 2026. O Grupo Municipal Socialista de Viveiro quere poñer en valor a colaboración da Deputación de Lugo coa Comisión de Festas de Viveiro, contribuíndo economicamente á celebración de tres das actuacións incluídas na programación deste ano. O grupo considera que esta é a maneira na que deben actuar as administracións públicas: colaborando cos colectivos e entidades que traballan para sacar adiante actividades no municipio e contribuíndo, dentro das súas posibilidades, ao desenvolvemento das festas.
O PSOE de Viveiro lembra que sempre defendeu que, independentemente da cor política da administración colaboradora, o importante é Viveiro e a súa veciñanza. Por iso, cando unha administración achega recursos ao municipio, recoñéceno e agradéceno.
Ao mesmo tempo, o Grupo Municipal Socialista sinala que durante este mes e ao longo das festas se puido observar unha presenza moi destacada da Xunta de Galicia na programación, tanto a través de cartelería e publicidade institucional como da súa imaxe en diferentes espazos, actividades e no propio palco. Por este motivo, consideran necesario coñecer cal foi exactamente a colaboración económica da Xunta de Galicia coas festas de Viveiro e coas actividades organizadas directamente polo Concello.
O grupo subliña que non cuestiona a presenza institucional cando existe colaboración, pero entende que debe haber correspondencia entre a achega económica realizada e o nivel de visibilidade institucional. Por iso, formulan o seguinte rogo ao Goberno municipal: que informe ao Pleno da Corporación da contía económica achegada por cada administración pública —Deputación de Lugo, Xunta de Galicia e outras, se as houbera— para as festas deste ano, indicando tamén a que actividades ou actuacións se destinou cada achega.
O PSOE considera que esta información debe ser coñecida pola Corporación e pola cidadanía para garantir transparencia no uso dos recursos públicos.
Grave deterioro do rego Martelo ou da Pontiga
Hai aproximadamente un ano, o Grupo Municipal Socialista presentou un rogo alertando do estado lamentable no que se atopaba o rego Martelo, ou da Pontiga, en Area, cunha acumulación de vexetación que impedía distinguir o curso da auga. Daquela, o Goberno municipal explicou que o tramo final estaba incluído na Rede Natura 2000 e que existían limitacións ambientais, pero tamén asegurou que era posible retirar manualmente residuos urbanos e vexetación morta.
Un ano despois, o PSOE afirma que a situación empeorou considerablemente, tal como se aprecia nas imaxes achegadas: moi pouco caudal, zonas de auga estancada, cor escura case negra e mesmo aparición de peixes mortos. O grupo considera que o estado actual do regato é “infralamentable” e que resulta difícil recoñecer nel un curso de auga.
O PSOE aclara que non pide actuacións contrarias á normativa ambiental nin a eliminación de vexetación que deba conservarse, senón que o Concello non permaneza inactivo ante unha situación denunciada hai un ano e que agora é máis preocupante. Por iso, formulan o seguinte rogo: que o Goberno municipal actúe con premura, realice as xestións necesarias ante Augas de Galicia e os organismos competentes, determine a causa do estado actual das augas e leve a cabo, dentro da normativa ambiental, as actuacións necesarias para recuperar unhas condicións adecuadas no rego Martelo ou da Pontiga. Tamén solicitan que se informe das actuacións realizadas desde o rogo do ano pasado.
Prioridade na tramitación da Medalla de Ouro á Semana Santa de Viveiro
No pleno do pasado mes de maio, o Grupo Municipal Socialista presentou unha moción para recoñecer institucionalmente a importancia da Semana Santa de Viveiro mediante a concesión da Medalla de Ouro da cidade. Tras o debate sobre a fórmula xurídica máis axeitada, o Pleno acordou por unanimidade iniciar o expediente.
Varios meses despois, o PSOE afirma descoñecer se o expediente foi iniciado, en que situación se atopa ou se se realizou algunha actuación administrativa para cumprir o mandato plenario. O grupo considera que este é un asunto que non debe demorarse, pois supón un recoñecemento á Semana Santa e, sobre todo, ás persoas que a fan posible: Xunta de Confrarías, confrarías, cofrades, bandas, voluntariado e cidadanía.
Por iso, formulan o seguinte rogo: que o Goberno municipal dea máxima prioridade á tramitación do expediente, informe sobre o estado actual e adopte as medidas necesarias para fixar unha data para a celebración do acto público de entrega da Medalla de Ouro á Semana Santa de Viveiro.
O PSOE lembra que todos os grupos estiveron de acordo en maio en que a Semana Santa merece esta distinción e en iniciar o expediente, polo que agora piden simplemente que o acordo se cumpra con celeridade.




















Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



