Durante os meses de setembro e outubro participarán máis de 1.200 veciños e veciñas de 32 concellos da provincia, que terán a oportunidade de coñecer o patrimonio natural, cultural e histórico das diferentes comarcas lucenses
Lugo, 1 de setembro de 2026. A Deputación de Lugo retoma este martes a segunda quenda da sexta edición do programa de viaxes gratuítas Coñece a túa provincia, a iniciativa posta en marcha pola institución provincial co obxectivo promover o turismo de proximidade e poñer en valor o patrimonio. Durante os meses de setembro e outubro participarán realizaranse 54 viaxes nas que participarán máis de 1.200 persoas de 32 concellos de toda a provincia.
O Deputado de Formación, Ensino e Economía do Coñecemento, Miguel Fernández Méndez, recibiu na produtora de audiovisuais da institución provincial aos membros da Asociación de Veciños das Carballeiras de Bosende Paredes Anguieiro, de Lugo, que este martes están a visitar o faro de Punta Roncadoira, a contorna do Cabo de Morás ou as praias de Lago e Esteiro.
Así mesmo, o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, recibiu no Centro de Interpretación Terras do Miño ao segundo grupo que tamén estreou este martes o calendario de excursións. Trátase da Asociación de Veciños de Betote, de Sarria, que tamén están a coñecer a mariña lucense visitando o barco-museo boniteiro Reino del Carmen ou a praia da Marosa, entre outros lugares.
A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, recordou que “con esta iniciativa achegamos aos nosos veciños e veciñas a enorme riqueza turística que temos na nosa propia terra”. Nesta liña, avanzou “con este programa permite descubrir lugares, paisaxes, recursos culturais e propostas gastronómicas de gran valor, ao tempo que contribuímos a fomentar o turismo de proximidade e a xerar actividade económica nos diferentes concellos da provincia”.
Esta iniciativa provincial está dirixida a asociacións e colectivos sen ánimo de lucro de toda a provincia e consiste en viaxes gratuítas, en pequenos grupos, dunha xornada de duración por diferentes puntos da xeografía lucense seguindo diversas rutas polo patrimonio natural, histórico, cultural e gastronómico.
O programa Coñece a túa Provincia inclúe, de balde, o transporte para os traslados de ida e volta dende o lugar ou lugares de orixe, póliza de seguros de viaxeiros, menú de xantar, e entradas e visitas a diferentes lugares de interese da provincia de Lugo. Estas visitas realízanas profesionais que contan coa habilitación de guía oficial de turismo de Galicia e persoal de atención ao público nos diferentes museos, empresas ou obradoiros sinalados nos itinerarios do programa.

















A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



