Estímase que se poderán beneficiar desta iniciativa 111 pacientes ao ano
Lugo, 7 de setembro, 2026. O Consello da Xunta autorizou hoxe a contratación, por parte do Servizo Galego de Saúde, da prestación do servizo de hemodiálise extrahospitalaria na área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, cun orzamento base de licitación de 6.857.136 euros e cun período de vixencia inicial de tres anos.
O contrato, baseado nun acordo marco, ten un valor estimado de 12.799.987,20 euros, atendendo ás súas posibles modificacións e prórrogas por outros dous anos máis.
O departamento sanitario galego calcula que se poderán beneficiar desta contratación, con base na asistencia prestada no pasado ano, 111 pacientes anuais, cun número de 1.443 sesións mensuais e 17.316 sesións anuais deste servizo.
Todos os pacientes incluídos nesta prestación terán unha avaliación previa por parte do Servizo de Nefroloxía de Lugo.
Os datos clínicos de pacientes hemodializados serán integrados na plataforma tecnolóxica do Servizo Galego de Saúde Telea, destinada ao seguimento de doentes crónicos.
Calidade de vida
A diálise é unha terapia de substitución renal que ten como finalidade suplir parcialmente a función dos riles. A partir dunha perda significativa da función renal que aboca a unha insuficiencia renal crónica, os pacientes deben someterse ao tratamento que lles permita extraer as toxinas e o exceso de auga do sangue, como norma xeral, tres veces por semana.
O contrato autorizado hoxe polo Consello da Xunta ten por obxecto a hemodiálise, método de diálise en que se extrae o sangue do organismo e se bombea cunha máquina ata un dializador (ril artificial), que filtra os residuos metabólicos e devolve o sangue purificado ao organismo.



















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.


