Foz, 8 de setembro, 2026. O próximo 18 de setembro, ás 20:30 horas, na libraría Bahía de Foz celebrarase a presentación do libro Fibromialgia: conversaciones en blanco, da autora Olivia Canoura Rozas, nun acto aberto ao público que busca crear un espazo de encontro, reflexión e sensibilización arredor da realidade das persoas que conviven coa fibromialxia.
A autora estará acompañada por Marta Otero Pintos, presidenta da Asociación Galega de Fibromialxia, e por Elena Dablanca, psicóloga, quen achegarán unha visión profesional e experiencial sobre unha doenza que afecta a milleiros de persoas e que continúa precisando dunha maior comprensión social.
Un libro para dar voz ao que non sempre se ve
Fibromialgia: conversaciones en blanco é unha obra que pon o foco na experiencia das persoas que viven con dor crónica, incomprensión e retos cotiáns asociados á fibromialxia. A través dun enfoque íntimo e humano, o libro convida a reflexionar sobre a importancia de escoitar, comprender e acompañar a quen sofre esta enfermidade, ofrecendo un relato que pretende tender pontes entre pacientes, familias e sociedade.
Sobre a autora
Olivia Canoura Rozas é escritora e autora de diversas obras literarias. Na súa traxectoria destacan títulos como Los hilos del destino, Rosas Sangrientas e Mientras dure la noche, nos que amosa unha vocación creativa centrada nas emocións, as vivencias persoais e as historias de superación.
Información do acto
Data: 18 de setembro
Hora: 20:30 horas
Participan: Olivia Canoura Rozas, Marta Otero Pintos e Elena Dablanca
Entrada: Libre ata completar aforo




















O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Nesta ocasión, a homenaxeada foi a de Román. Tras unha recepción ás portas do concello, a veciñanza da parroquia desprazouse a pé ata a Igrexa de Santa María co grupo tradicional Cerna de Árbol. Na misa, cantada pola Coral Polifónica Vilalbesa, realizáronse as ofrendas e púxose en valor a tradición “dos canteiros e os traballos en pedra” en Román, unha parroquia cun destacado patrimonio histórico e cultural. Tras a celebración na igrexa, os veciños e veciñas de Román compartiron uns pinchos de fraternidade no Centro Cultural.
A celebración estivo organizada pola asociación cultural Ourofest coa colaboración do Concello do Valadouro e contou co apoio do Goberno galego. Villares participou na celebración litúrxica, que contou coa actuación do coro da Escola de Música ‘Ao Compás do Río Ouro’, e compartiu coa veciñanza esta xornada festiva de especial arraigo na localidade.
O corte afectará ao tramo que vai desde o principio da vía ata o punto quilométrico 0,900. Para facilitar a execución das obras, será necesario que non haxa vehículos estacionados nese treito. Os traballos, executados pola empresa Jose No Mantiñan E Hijos Construcciones, S.A., forman parte dun proxecto conxunto para a mellora e acondicionamento de varias estradas provinciais no municipio de Xove, cun investimento total superior aos 800.000 euros.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Daniel García reafirmou o apoio ao festival, que conta cunha colaboración estable e continuada da Vicepresidencia provincial desde a primeira edición e valorou "o impulso que a Asociación Fanto Fantini lle dá ano a ano ao festival, cun programa que vai máis alá do cartel musical e que profundiza na súa identificación e o seu vínculo con Burela e coa Mariña". A Vicepresidencia da Deputación achega 25.000 euros ao patricinio desta edición do Osa do Mar.



