Burela, 11 de setembro, 2026. Paula Sanz Molina (Torremolinos, 2004), coñecida como Pauliña, chega ao Reyco Burela FS despois de nove anos no Atlético Torcal, co que conseguiu o ascenso a Primeira División en 2021. A ala zurda, internacional coa selección Sub-19 e asidua dos combinados de Andalucía e Málaga, convértese na undécima Guerreira no proxecto 2026-27 de Javier Pardeiro.
“Chego coas expectativas altas, son moi competitiva e sempre intento dar o máximo. Quero que Burela volva estar onde se merece; é un proceso pero co esforzo de todas estou seguro de que imos intentar quedar o máis arriba posible”, así se mostraba ilusionada e agradecida a andaluza de 22 anos: “Estou moi agradecida pola oportunidade que me deron e vou facer todo o posible para cumprir as expectativas postas en min. Doulles as grazas moito ao presidente, corpo técnico e xogadoras pola confianza depositada en min”.
Pauliña, que se incorporou onte á dinámica do equipo, formará parte da expedición do Reyco Burela FS na súa estrea da Copa da Raíña, mañá, na casa do Vilalba FS (19.00 horas).





















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.