O meta de 18 anos compartirá responsabilidades co hispano-brasileiro João Victor e o hispano-arxentino Ohanessian
Burela, 11 de setembro, 2026. Manuel Fernández Domínguez (Losar de la Vera-Cáceres, 2007) incorpórase ao cadro do Reyco Burela FS despois de realizar a pretempada co equipo de Juanma Marrube. O porteiro estremeño compartirá responsabilidades co hispano-brasileiro João Victor e o hispano-arxentino Facundo Ohanessian, que estes días se atoopa concentrado coa selección de Armenia.
Con 18 anos, Manu chega procedente das categorías de base do Movistar Inter despois de medrar no fútbol sala da súa localidade, no CP Losareño e Losar FS, con diferentes participacións na Selección de Estremadura.
“Teño a sorte de poder estar nun club histórico como é Burela FS. No colectivo espero, con traballo e ilusión, que todos os compañeiros sexamos unha piña, loitemos por conseguir os obxectivos e poidamos deixar o nome de Burela o máis alto posible. En canto ao individual, espero aprender moito dos meus compañeiros e traballar día a día para axudar ao equipo para conseguir os obxectivos” confesaba o porteiro, que se converte na décimo cuarta peza de Juanma Marrube para 2026-27.
“A pretempada, en liñas xerais, creo que está a ser moi boa, estamos a adaptarnos, coñecéndonos entre nós e traballando para asimilar canto antes ao modelo de xogo que nos pide o adestrador. A pesar de levar pouco tempo, as sensacións e os resultados están a ser bos e estou seguro de que isto só é o comezo dunha gran tempada” valoraba o porteiro despois dun mes de traballo ás ordes do Mariskal.
Ribeira FS, último test antes da liga
O Reyco Burela FS estreará a liga o vindeiro venres, 18 de setembro, en Vista Alegre (20.30 horas) con ElPozo Ciudad de Murcia, pero antes ten por diante o último test de preparación. Será mañá co Ribeira FS (Municipal de Lugo, 19.00 horas), un rival que visitou Burela o pasado día 2, na presentación do conxunto de Juanma Marrube, con vitoria 6-1 parar os laranxas. “Sabemos que non será un partido doado pero é o último da pretempada e queremos chegar con boas sensacións ao comezo de liga. Imos con todo para gañar e chegar ao 100% o vindeiro venres na casa, coa nosa xente, que vai ser moi importante para nós esta tempada” explicaba Manu, querendo pechar este período de adaptación sen obstáculos, tras os triunfos tamén con Xove FS (2-3), Noia Portus Apostoli B (6-0), O Parrulo (2-4) e Leis Pontevedra (0-6), ademais do empate con Valladolid Tierno Galván (3-3).



















Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.
Este venres visitaron Ferrol e As Pontes, e o sábado serán os actos institucionais de benvida no concello de Ribadeo. Pola mañá será inaugurada unha placa conmemorativa da visita, e despois a recepción oficial na Casa do Concello.
Villares detallou algunhas destas accións no encontro empresarial organizado en Vilalba pola organización profesional BNI LOU VCR Breogán, un grupo de networking integrado por unha trintena de empresarios e profesionais da provincia. Entre outras, referiuse ás axudas para favorecer o establecemento dos traballadores autónomos ou para o fomento da contratación; os plans do Igape para a expansión e innovación do tecido produtivo, ou as iniciativas de formación. “Apoiar as empresas, as pemes e aos autónomos é apoiar o futuro do territorio”, afirmou.
A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
