A instalación de dous novos repetidores devolve a cobertura televisiva a centos de veciños que carecían deste servizo básico desde o apagón analóxico do ano 2011
Ortigueira, 14 de setembro de 2026. O Concello de Ortigueira celebra a posta en marcha de dous novos repetidores de telecomunicacións nas parroquias de Loiba e Devesos, unha actuación que permite restablecer a sinal de televisión dixital terrestre para centos de residentes de ambos núcleos rurais. Coa entrada en servizo destas infraestruturas ponse fin de maneira definitiva a un problema histórico que arrastraban desde o ano 2011, data na que o apagón analóxico a nivel estatal deixou sen cobertura estas zonas sen que se executase daquela a adaptación técnica necesaria.
A ampliación da cobertura da TDT e o despregamento da rede de repetidores son competencias que corresponden á administración autonómica, a través do operador público Retegal, e ao Goberno central no marco da planificación estatal de telecomunicacións. Ante os quince anos de inactividade que mantiveron desatendidas estas dúas parroquias, o Concello de Ortigueira asumiu un papel proactivo de interlocución, seguimento e impulso ante os organismos responsables para esixir unha resposta inmediata a unha carencia que se volvía inasumible para a poboación local.
Desde a chegada do actual equipo de goberno, liderado polo alcalde Valentín Calvín, a resolución deste illamento de sinal converteuse nunha das prioridades da xestión municipal.
O rexedor de Ortigueira destacou a insistencia do goberno local para desbloquear un expediente que levaba tres lustros paralizado. “Desde el primer momento en que fuimos conscientes de la gravedad de esta situación, nos pusimos a trabajar de forma firme ante los organismos competentes para exigir que se atendiese esta demanda histórica. Resultaba incomprensible e inadmisible que cientos de vecinos de Loiba y Devesos llevasen 15 años sin un servicio tan básico como la televisión en sus hogares, por lo que centramos nuestros esfuerzos en agilizar todos los trámites necesarios para que la solución fuese hoy una realidad”, manifestou o alcalde.
Así mesmo, o rexedor quixo expresar o agradecemento institucional aos veciños e veciñas destas parroquias pola súa actitude durante este período e pola súa colaboración decisiva na fase final dos traballos. “Queremos dar las gracias a los vecinos de Loiba y Devesos por la paciencia demostrada a lo largo de este larguísimo camino. De forma muy especial, queremos poner en valor la total predisposición y generosidad de María Amparo Marinera Pérez y la familia Caínzos Borbén, que han facilitado el uso de terrenos privados para la ubicación de los repetidores”.
Deste xeito, Calvín avisa aos veciños e veciñas residentes nestas parroquias que resintonizen o seu televisor para poder gozar da TDT.



















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



