Pablo Díaz denuncia que a última tormenta puxo en evidencia a insuficiencia das arquetas e das reixas instaladas na parroquia de Graña en Coido, onde unha familia con dúas nenas pequenas teme novos episodios de choiva intensa
Abadín, 15 de setembro de 2026. O PSdeG de Abadín reclama ao goberno local do PP unha actuación urxente para resolver os problemas de evacuación de augas no barrio do Coido, na parroquia de Graña, tras os efectos da última tormenta. As e os socialistas denuncian que as obras executadas polo Concello hai un par de meses, por un importe de 16.000 euros, non resolveron o problema senón que aínda empeoraron a situación.
O voceiro socialista, Pablo Díaz, sinala que o tamaño das arquetas e das reixas instaladas resulta insuficiente para dar saída á auga cando se producen choivas intensas, como quedou de manifesto fai uns días. Cuestiona, ademais, que esta sexa xa a segunda intervención municipal no lugar sen ofrecer unha solución eficaz á veciñanza.
“Despois de dúas actuacións, a situación está peor. Non é aceptable gastar 16.000 euros nunhas obras e que, cando chega unha tormenta, as reixas non teñan capacidade para evacuar a auga. O Concello ten que dar explicacións e corrixir o seu erro”, reclama Díaz.
As e os socialistas advirten da preocupación dunha familia nova con dúas nenas pequenas afectada por esta situación, que teme que volva chover con intensidade. “Detrás dunha obra mal resolta hai unha familia que vive pendente do tempo e con medo a que se repita o sucedido. O alcalde non pode desentenderse dun problema que persiste despois de que o propio Concello actuase no lugar”, sinala o voceiro.
Por todo isto, o PSdeG esixe ao Goberno local do PP que revise a actuación, comprobe a capacidade do sistema de evacuación de auga e acometa as correccións necesarias para garantir unha evacuación axeitada da auga. “A veciñanza precisa unha solución antes de que chegue outra tormenta. O PP debe actuar con urxencia e asegurar que os cartos públicos serven para resolver os problemas non para agravalos”, conclúe Díaz.
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



