Estrasburgo, 15 de setembro de 2026. O eurodeputado socialista galego Nicolás González Casares destacou hoxe que a aprobación polo pleno do Parlamento Europeo da reforma do Mecanismo de Axuste en Fronteira por Carbono (CBAM) supón un avance decisivo para a industria galega, especialmente para os sectores do aceiro e do aluminio, que “saen reforzados e con máis garantías fronte á competencia de terceiros países”.
O informe aprobado por ampla maioría establece a posición da Eurocámara para as negociacións en trílogos e amplía de maneira significativa o alcance do CBAM. Segundo González Casares, a nova regulación incrementa a cobertura ata aproximadamente 180 produtos transformados intensivos en aceiro e aluminio, como maquinaria, compoñentes de vehículos, electrodomésticos ou equipos de construción, co obxectivo de evitar que empresas europeas trasladen a súa produción a países con menores esixencias climáticas.
En resposta ás demandas do sector, dúas emendas impulsadas polo Grupo Socialista incorporan tamén a chatarra de aluminio e reducen o limiar de exención de 50 a 5 toneladas, unha medida especialmente relevante para a industria española e galega.
González Casares subliña que este informe supón un “paso fundamental” para protexer o sector do aluminio galego e os miles de empregos que dependen del, e critica a falta de claridade do PP ata última hora sobre o seu apoio ás emendas. “A ideoloxía negacionista que profesa o PP español para emular á ultradereita non pode antepoñerse aos intereses dos traballadores e empresas de Galicia”, afirmou.
O eurodeputado insistiu en que o CBAM é unha ferramenta clave para defender a industria europea fronte a produtos procedentes de países con menores estándares ambientais, e chamou a manter estes avances nas negociacións co Consello.
















Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



