Ribadeo viviu un verano excepcional que confirma a súa posición como destino turístico. Máis de 30.000 persoas pasaron polas oficinas de turismo do Concello nos meses de xullo e agosto cunha porcentaxe de turismo internacional en clara progresión que xa supera o 40%. Este perfil de visitante, que inicialmente se interesa en Ribadeo pola praia de As Catedrais, descubre moito máis, favorecendo a tendencia de pernoctación e xerando un impacto económico directo moi positivo. A marca “Ribadeo” xa non só se escoita en clave nacional, senón que soa no mapa turístico de vangarda de toda Europa.
As nosas praias, o porto deportivo, casco histórico, gastronomía, a calidade dos nosos establecementos hosteleiros e comercios son reclamo continuo de visitantes. As rúas da nosa Vila buliron durante estes meses cunha actividade continua que confirma as excelentes cifras turísticas, demostrando que Ribadeo é capaz de acoller a milleiros de persoas, garantizando unha convivencia armónica entre veciños e visitantes con un turismo de calidade que valora o que somos.
Sin embargo, e aínda que o mes de maior afluencia segue sendo agosto, Ribadeo soupo activar un motor económico e social que arrancou con moita forza xa dende os meses de primaveira, impulsado por ese goteo constante de peregrinos do Camiño Norte, os primeiros turistas estacionais e por unha axenda cultural, turística e festiva atractiva e dinámica.
Este fluxo continuo de visitantes, tradúcese en algo vital para Ribadeo e os ribadenses: riqueza, empleo e futuro.
O dinamismo que caracteriza a Vila nos últimos tempos, reactiva con forza o sector servicios, a hostelería e o comercio local.
E detrás deste dinamismo, de cada actividade, de cada festa, de cada concerto… hai un esforzo humano xigantesco. Dende logo, nós, queremos poñer en valor o traballo incansable, xeneroso e coordinado das ASOCIACIÓNS DE FESTAS, ASOCIACIÓNS VECIÑAIS e COLECTIVOS – ENTIDADES DEPORTIVAS E CULTURAIS. Persoas que de maneira desinteresada, teñen a capacidade de ofrecer cultura, ocio e tradición de forma responsable.
Dende a seriedade, a seguridade e o inmenso cariño a Ribadeo, estos colectivos organizan numerosos eventos e colaboran no dinamismo do calendario ribadense. Son eles quenes conseguen manter un pobo desperto con citas culturais, deportivas ou gastronómicas. A súa labor é clave para esa ansiada desestacionalización do turismo.
Gracias ó seu esforzo, Ribadeo atrae miradas fora da tempada estival, porque o obxetivo é ese modelo conxunto onde a iniciativa pública, o sector privado e o tecido social, camiñan da man para construír un Ribadeo con vida todo o ano.
Por suposto, queremos unha Vila dinámica en agosto pero tamén orgullosa e activa en novembro, febreiro ou maio, e por iso seguiremos traballando, organizando e colaborando na organización de eventos e actividades porque manter Ribadeo vivo os 365 días do ano é o mellor camiño para demostrar que temos moito que ofrecer e asegurar a vida do tecido económico.
Ribadeo avanza con futuro, como pobo vibrante, próspero e cheo de oportunidades.
Noraboa a todos e que non pare a actividade.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



