O rexedor ortegano celebra que o conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, anunciase onte a posta en marcha do servizo de hospitalización a domicilio na vila, que entrará en funcionamento en outubro
Ortigueira, 17 de setembro de 2026. O anuncio de onte do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, sobre a entrada en funcionamento da Hospitalización a Domicilio en Ortigueira a partir de outubro marca un fito na atención sanitaria da comarca. A medida atende de forma directa á solicitude formal que a corporación local, co rexedor Valentín Calvín e a concelleira de Sanidade Ana Cartelle á fronte, trasladara a principios de ano á Xunta de Galicia para conseguir estender esta prestación de nivel hospitalario ao municipio. Con esta medida, o equipo médico desprazado permitirá ás persoas pacientes recibir tratamentos complexos e ingresarse de maneira efectiva nos seus propios domicilios, evitando os continuos desprazamentos de case unha hora cara ao Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol.
O alcalde ortegano, Valentín Calvín, celebrou a noticia sinalando que a chegada do HADO é “una de las noticias más importantes de los últimos años para la villa”. Calvín afirmou que desde o equipo de goberno asumiron o compromiso firme de esixir “una atención sanitaria pública acorde a las necesidades del rural”. O rexedor recalcou que “poder recibir cuidados médicos de nivel hospitalario sin salir de casa va a transformar de manera radical la calidad de vida de los vecinos y vecinas de mayor edad, así como la de sus familias y cuidadores”.
“Dicho y hecho”, resume Calvín a promesa adquirida polo seu goberno e pola consellería de Sanidade a inicios de ano, remarcando que “cosas así son lo mejor de la política y lo que te ayuda a levantarte para seguir al pie del cañón cada día, porque ves que puedes mejorar de forma sustancial la vida de tus vecinos”.
Ortigueira, á fronte dos avances sanitarios
A incorporación desta unidade sanitaria reforza a traxectoria do Concello de Ortigueira como un dos municipios da provincia da Coruña máis volcados na inversión e implantación de recursos asistenciais propios. Neste sentido, a vila puxo en marcha iniciativas pioneiras como o Servizo de Estimulación Terapéutica de Alzhéimer e outras demencias ou o servizo municipal de podoloxía a domicilio, dirixido a atender ás persoas con mobilidade reducida e usuarias do Servizo de Atención ao Fogar. “Estas iniciativas son ejemplos de lo que nos importa la salud de nuestros vecinos y vecinas”, subliña o primeiro edil.
Sobre estas actuacións, Valentín Calvín explicou que para o Concello a atención á saúde debe entenderse desde a proximidade. O primeiro edil subliñou que iniciativas como a podoloxía a domicilio ou o SEETA naceron para evitar que a dispersión xeográfica ou os problemas de autonomía persoal supoñan unha barreira de acceso aos servizos básicos. Así mesmo, o rexedor defendeu que as administracións locais deben actuar para que a asistencia médica chegue alí onde cada veciño o precise.
A posta en marcha do servizo de HADO súmase a unha lista de avances en materia sanitaria acadados durante o actual mandato de Calvín. Entre as melloras máis destacadas figura, entre outras, a posta en funcionamento da sala de raios X no centro de saúde da localidade, unha infraestrutura que xa permitiu axilizar os diagnósticos locais e reducir os traslados da veciñanza.
O alcalde concluíu asegurando que a incorporación da radioloxía e agora da Hospitalización a Domicilio demostra que o traballo constante ante as institucións dá os seus froitos. Calvín remarcou o seu agradecemento á Xunta e que a corporación municipal continuará colaborando de forma activa co organismo autonómico e defendendo a sanidade pública para dotar ao municipio e á comarca do Ortegal dos equipamentos e da atención que merecen.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



