Despois da crise do 2008, prodúcese no país un amplo e profundo malestar social. Ademais, o sistema democrático do 78, diante de tal situación de crise, deixa ver importantes eivas, que fan que moitos sectores sociais non se sintan representados por un bipartidismo que leva anos xestionando o país máis ben de costas á maioría da xente do común e a prol dunhas elites económicas e financeiras fundamentalmente concentradas en Madrid.
Froito deste malestar, no ano 2011 prodúcense dous acontecementos que marcan o futuro da vida política do país: o 15 M e o inicio do procés en Catalunya coa creación da ANC. Estes dous feitos, aínda que distintos, nutríanse do mesmo descontento. E aínda que son fenómenos distintos, en ámbolos dous casos pretenden pór en marcha un profundo cambio co fin de mellorar a calidade democrática e de eliminar privilexios que viña arrastrando o Sistema dende a Transición. A isto súmase o desexo dos nacionalistas cataláns de cambiar a organización territorial do Estado co fin de remediar unha inxusta distribución dos recursos económicos. Un feito, este último, que acabaría nunha pretensión independentista pola incapacidade política do goberno central de M. Raxoi para xestionar as esixencias do devandito nacionalismo.
Con estes dous problemas de fondo, no 2018, chega ao poder Pedro Sánchez por mor dunha moción de censura ao goberno de M. Raxoi.
Algo máis dun ano despois, as pretensións de importantes cambios empezan as vislumbrarse como posibles pola chegada ao goberno do Estado da primeira coalición de esquerdas da democracia, froito das eleccións celebradas no 2020. Un acontecemento inesperado para as dereitas, que as xibarizará definitivamente.
Desta forma, a indignación cívica que se produxo por mor da crise do 2008 acaba mutando nunha situación de crispación, polarizacion e descalificacións persoais dos adversarios. Un modelo Trumpista que o inicia a ultradereita para acabar por contaxiar ao resto da dereita.
Polo tanto, o que foi unha indignación cívica, que buscaba unha maior xustiza social e territorial ademais dunha democracia de maior calidade, iríase transformando nun escenario de maior crispación política como elemento estratéxico para polarizar e desestabilizar a vida do país e desta forma, erosionar ao goberno progresista.
Mentres tanto, o debate político foise degradando e baleirando de ideas e propostas para centrarse en insultos, descalificacións e improperios canalizados, fundamentalmente, polas redes sociais e distintos medios de comunicación, maiormente dixitais, que se converten en amplificadores do odio e da crispación. Fenómeno que se vai instalando como un hábito político a través da repetición sistemática de bulos, insultos e descalificacións que paseniñamente van sementando odio e xa que logo, deteriorando a convivencia e degradando a democracia.
Neste escenario de crispación a palabra deixa de ser unha ferramenta para o diálogo e os consensos para converterse nun arma de crispación e polarización.
Xa que logo, este cambio radical de facer política, que pasou da indignación cívica á crispación coido que está a representar un profundo cambio de ciclo político e, dende logo, o máis significativo destes case cincuenta anos de democracia, que nos está a conducir a un futuro moi incerto que nos trae lembranzas desa España fratricida que parecía superada e soterrada. Nada máis lonxe da realidade.





















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



