Saleta Chao critica a política de ‘low cost’ do PP, centrada en atraer máis visitantes pero sen avaliar o impacto nos servizos, na vivenda ou no medio
Santiago de Compostela, 27 de setembro, 2026. A portavoz de Turismo do BNG no Parlamento, Saleta Chao, reclamou hoxe, no Día Mundial do Turismo, un xiro na política da Xunta para este sector, cun novo modelo sostible, diversificado e construído desde o diálogo cos concellos, aproveitando as potencialidades do País para xerar riqueza e afrontando os retos actuais.
“A importancia do turismo no País e o seu crecemento supoñen retos e oportunidades que deben ser abordadas nun modelo turístico que aposte por unha nova orientación política turística e polo aproveitamento das potencialidades de Galiza”, subliña a deputada nacionalista, que lembra, neste punto, o peso que ten o sector no PIB galego (máis do 10 %) e os milleiros de postos de traballo que xera.
A proposta do Bloque pasa, explica, por fuxir do modelo low cost e da “inercia” coa que traballa o PP na Xunta, “centrada única e exclusivamente en atraer máis visitantes ao noso País sen avaliar os fluxos de turistas ou as repercusións que pode ter nas vilas e cidades, nos servizos públicos, no mercado da vivenda ou nos recursos naturais”.
É por iso que, entre outras cuestións, o BNG propón un acordo cos concellos para facilitar a aplicación do imposto ás estadías turísticas naqueles concellos que así o desexen e que non teñen capacidade recadadora. Chao aposta ademais por estudar os custos engadidos que o turismo ten nos concellos para avaliar o establecemento de medidas fiscais ou compensacións de outro tipo.
Ademais dunha nova lei de turismo de Galiza adaptada aos retos e necesidades actuais –a actual é do 2011— a alternativa do Bloque pasa por unha política transversal que vincule o turismo a outras políticas de planificación, organización e vertebración do territorio, como pode ser no caso da mobilidade ou a vivenda.
Outra das propostas da alternativa nacionalista é o desenvolvemento da competencias sobre o turismo a nivel estatístico e reclamar do Goberno do Estado os recursos económicos necesarios para ampliar a actuación da Xunta de Galiza neste terreo.
Saleta Chao avoga así mesmo por desenvolver un novo marco de promoción turística no País, particularmente no que ten que ver coa política de patrocinio de eventos puntuais que promove actualmente a Xunta. “Precisamos apostar por enriquecer o circuíto cultural galego para garantir unha oferta descentralizada e desestacionalizada, cunha política cultural activa e como dereito fronte aos actos efémeros que promoven a cultura como ben de consumo en eventos de gran tamaño”, conclúe.




















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



