Diana Durán García guiará unha visita pola confradía para coñecer as embarcacións, a actividade pesqueira e os murais que representan a historia e as xentes de Burela
Viveiro, 28 de setembro, 2026. O GALP A Mariña-Ortegal incorpora ao proxecto Mar e Rías: Pesca & Turismo unha nova experiencia para coñecer de preto a realidade dun dos portos pesqueiros da Mariña lucense e a historia da súa confradía.
A experiencia terá lugar o luns 5 de outubro, ás 12:00 horas, con punto de encontro no Porto Pesqueiro de Burela.
A visita permitirá coñecer o funcionamento da Cofradía de Pescadores ‘San Juan Bautista’ de Burela, os diferentes tipos de embarcacións e a actividade que se desenvolve no porto. A través do percorrido, os participantes poderán achegarse tamén á historia dunha confradía estreitamente vinculada á vida económica e social da localidade.
Un dos elementos destacados da experiencia serán os murais das fachadas da confraría, realizados con motivo da conmemoración do seu centenario en 2024. As obras ocupan todas as fachadas do edificio e representan diferentes aspectos da vida pasada e presente do porto e das súas xentes.
Os murais, deseñados polos artistas Martín Lestao, Belén Mogo, Héctor Manasé e Diego Domínguez, recollen escenas e elementos relacionados co mundo do mar e coa identidade de Burela: desde persoas desempeñando oficios como o de redera ou vendedora de peixe ata embarcacións, especies mariñas, a pesca do bonito, o torques de Burela ou a Virxe do Carme.
Os murais incorporan tamén unha dimensión inclusiva, xa que no proceso de creación participaron diferentes colectivos sociais de Burela. Ademais, a fachada conta cunha versión tiflolóxica e unha explicación do proxecto en braille, permitindo achegar este patrimonio ás persoas con discapacidade visual.
A experiencia permitirá así descubrir Burela a través do seu porto, da súa actividade pesqueira e da memoria das persoas que forman parte da súa historia. Un percorrido que fusiona patrimonio, oficios e vida mariñeira dunha vila íntimamente vencellada ao mar.
Esta actividade forma parte de Mar e Rías: Pesca & Turismo, proxecto de cooperación no que participan os oito GALPs de Galicia e que busca crear novas experiencias vinculadas ao patrimonio, aos profesionais e á cultura mariñeira dos diferentes territorios.
A actividade é gratuíta. As persoas interesadas en participar poden realizar a súa inscrición no teléfono 618 320 033.
























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



