O programa deu comezo en setembro e continuará ata finais de ano
Lugo, 2 de outubro de 2026. A Vicepresidencia da Deputación puxo en marcha este mes de setembro unha nova edición do Circuíto de Teatro Afeccionado, que levará ás comarcas da provincia preto de cen representacións teatrais.
Nesta edición, o programa contará con 32 grupos de teatro amador, con pezas de distintos xéneros e para diversos públicos. A área de Cultura mantén, así, o apoio ás artes escénicas e ofrece ás asociacións e aos concellos a posibilidade de ampliar as súas axendas culturais.
A deputada de Cultura, Iria Castro, expresou a súa satisfacción por “organizar un ano máis este Circuíto, que leva 18 anos tecendo unha rede de compañías de teatro afeccionado que foi medrando e consolidándose, espallando o teatro por todo o territorio”.
32 compañías de 19 concellos
As 32 compañías participantes no Circuíto de Teatro Afeccionado 2026 proveñen de 19 concellos de toda a provincia: A Adala (Foz), A Caxiga (As Nogais), A Mariña (Cervo), Alentía Teatro (Palas de Rei), Ardora (Cervo), Argalleiras (Chantada), Aturuxeiros de Bravos (Ourol), Borguete Teatro (Vilalba), Colectivo Cultural Ollomao (Barreiros), Falcatrueiros (Monterroso), Faranduleiros de Bolmente Teatro (Sober), Faro Miño (Chantada), Grupo de Teatro de Antas de Ulla (Antas de Ulla), Grupo de Teatro do HULA (Lugo), Grupo de Teatro Viraventos (Monforte), Grupo Humorístico Trípode (Alfoz), Improdutivas (Lugo), Lume Escénico (A Pontenova), Metátese Teatro (Palas de Rei), Nova Escena (Lugo), O Centiño (Foz), O Torques (Burela), Os Baluros (Castro de Rei), Os Palimoquiños e Cía (Lugo), Os Pícaros de Lagoa (Alfoz), Os Trocos (Castro de Rei), Ousadías (Lugo), Parápono Teatro (Lugo), Pico do Castro (Foz), Rebuldeira Teatro (Sarria), Teatreiras (Monforte) e Xa ta (A Pastoriza).
Axenda para esta fin de semana
O Circuíto de Teatro Afecionado ofrece unha representación nesta primeira fin de semana de outubro, no concello do Corgo.
O Randiña vai ao Médico – O Torques
Sábado 3 de outubro | 20.30 horas | Local social de Cela (O Corgo)
Xénero: Comedia | Público: Maiores de 14 anos
Sinopse: O Randiña vai á consulta médica despois de estar moito tempo en lista de
agarda. Xa no centro médico, mentres espera ser atendido, conta as súas peripecias e as dos seus veciños naquelas ocasións nas que tiveron que acudir ao hospital. Finalmente marcha sen ser atendido. Máis tarde, acude de novo e desta volta é atendido polo doutor Romerales, que lle dá os resultados das probas e as pautas que terá que seguir para levar unha vida mellor.


























Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



