Nota de prensa
fernández manín satisfeito porque a Alcaldia xestionou unhas obras propostas polo grupo municipal popular e aprobadas en pleno
Foz, 13 de xaneiro de 2010.- O voceiro local do Partido Popular de Foz, Pedro Fernández Manín vén de amosar a súa satisfacción despois de que se estean a executar unhas obras propostas polo Grupo Municipal Popular en pasadas sesións plenarias. Trátase en concreto das obras de limpeza e movemento de terras para poñelos en valor deseñando e construíndo unha área verde nun espazo situado no barrio de Cadaroi, entre a estrada xeral e a vía do tren de FEVE, moción presentada en data 10 de decembro de 2007, pola entonces concelleira do grupo popular Luísa Prieto, e a protección do desnivel existente ao carón da vía do tren de FEVE, iniciativa presentada en data 12 novembro de 2008, ambas na parroquia de Cangas. Os populares alertaron que este espazo presentaba un gran perigo para os veciños que por alí transitaban, posto que se poderían producir caídas co risco de atropelo polo ferrocarril e por iso reclamaron á Alcaldía que fixera as xestións correspondentes con FEVE para a súa urxente corrección, circunstancia que neste momento se está a levar adiante, esperamos que tal e como se propoñía na moción se siga protexendo nas parroquias de Nois e Fazouro, onde existe o mesmo perigo.
Non obstante os populares non esquecen que o Goberno municipal aínda ten asignaturas pendentes xa que outras moitas obras, demandadas polo Partido Popular local e aprobadas en pleno aínda non se levaron adiante. Así o voceiro popular lembra que José María García Rivera aínda ten que iniciar a limpeza e arranxo do camiño desde Vilasíndre a Areoura en Cangas, o alumeado desde o Chao da Vila a Cruz da Veiga , o alcantarillado no barrio do Eixo, ambas en Cordido, o alumeado público desde a gasolineira de Foz ata talleres Villarino en Forxán, arranxo de varias fontes en innumerables pistas e camiños nas distintas parroquias, a saber : Santa Cilla, San Acisclo, Vilaronte, e San Martiño .
Fernández Manín espera que a Alcaldía sexa reticente a estas peticións e lembra que existe un acordo plenario que obriga a executar tamén estas obras, tal e como está a facer hoxe coa protección do desnivel na vía de FEVE en Cangas.




















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



