As propostas inclúen ‘Entre Risas’, ‘Mayores con Arte’ e ‘Mucho más que café’, con actividades en Navia e Porto de Vega
Navia, 6 de outubro de 2026. O Concello de Navia, a través da Concellaría de Benestar Social, pon en marcha as novas actividades do Programa de Soidade Non Desexada para o último trimestre do ano, dando continuidade ao traballo iniciado o pasado mes de maio e á programación presentada o 1 de outubro no Espazo Cultural El Liceo.
A nova programación inclúe tres propostas dirixidas ás persoas maiores, con actividades pensadas para compartir tempo, experiencias e afeccións.
‘Entre Risas’ desenvolverase os martes, de 16:30 a 18:00 horas, no Liceo de Navia. As sesións incluirán diferentes actividades para compartir experiencias, xogar e utilizar o humor como unha forma de favorecer o benestar.
Pola súa banda, ‘Mayores con Arte’ contará con sesións os xoves en dúas localidades do concello: de 16:00 a 17:30 horas no Liceo de Navia e de 18:00 a 19:30 horas no Club de Xubilados de Porto de Vega. A actividade estará centrada en cancións, ritmos, música e pequenas representacións, a partir de vivencias, historias e recordos das persoas participantes.
A programación complétase con ‘Mucho más que café’, que se celebrará os martes, de 16:30 a 18:00 horas, no Club de Xubilados de Porto de Vega. A proposta formula un espazo para conversar, compartir experiencias e pasar un intre en compañía.
Estas actividades dan continuidade ao Programa de Soidade Non Desexada, que comezou en maio con obradoiros en diferentes parroquias do concello. Nesta nova etapa búscase manter o contacto coas persoas que participaron nas primeiras actividades e facilitar tamén a incorporación de novas persoas.
A participación é gratuíta e libre e non é necesario acudir a todas as sesións. As persoas interesadas poden obter máis información no teléfono 985 473 300.
O Programa de Soidade Non Desexada impúlsase desde a Concellaría de Benestar Social do Concello de Navia, co apoio da Consellería de Dereitos Sociais e Benestar do Goberno do Principado de Asturias.



















A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



