Mª Carmen Veiga critica que o Goberno galego cobre este tributo á veciñanza de Barreiros sen financiar as infraestruturas que precisa o municipio, como a nova depuradora de San Miguel
Barreiros, 6 de outubro de 2026. O Grupo Municipal Socialista de Barreiros logrou a aprobación no último pleno da súa moción para esixir á Xunta de Galicia un sistema público, transparente e obxectivo de distribución dos fondos recadados a través do canon da auga e do canon de xestión das depuradoras. A iniciativa saíu adiante coa abstención do PP, unha postura que a voceira socialista, Mª Carmen Veiga, criticou por antepoñer os intereses do seu partido á reclamación dos investimentos que necesita o municipio.
Durante a defensa da proposta, Veiga denunciou o “uso partidista” destes recursos por parte do Goberno galego e cuestionou que a veciñanza de Barreiros pague estes tributos sen que a Xunta financie as infraestruturas de saneamento que precisa o concello.
“Todos os veciños e veciñas de Barreiros pagamos o canon da auga no noso recibo, un imposto da Xunta que, en teoría, debería volver ao noso municipio en forma de investimentos para saneamento e infraestruturas. Porén, a realidade é que Barreiros non recibe ningunha axuda. Os fondos non retornan. Sempre son beneficiados os mesmos: os concellos da mesma cor política que a Xunta de Galicia”, afirmou.
Como exemplo deste agravio, a tenente de alcaldesa sinalou a nova depuradora de San Miguel, unha infraestrutura que cualificou de “urxente e fundamental” para o municipio e que, segundo denunciou, non conta con financiamento autonómico.
Veiga lamentou que, ante estas necesidades, o PP optase por absterse. “Coa súa abstención, o PP mostra claramente que está en contra desta reclamación e prefire poñerse de perfil. Deixan claro que a súa prioridade é non incomodar aos seus xefes na Xunta, aínda que iso supoña darlle as costas á veciñanza e renunciar aos cartos que lexítimamente nos pertencen aos barreirenses”, criticou.
Fronte a esta xestión “discrecional”, a moción do PSdeG reclama un cambio radical no modelo de financiamento. O acordo insta ao Goberno galego a garantir que, como mínimo, o 50% da recadación obtida nun concello reverta de forma directa en investimentos no propio municipio.
Ademais, propón destinar un 30% destes fondos a un mecanismo de solidariedade territorial para os concellos con maiores necesidades, limitar a un máximo do 20% a reserva para os custos do sistema autonómico e publicar un informe anual que permita coñecer o destino dos recursos e garantir a transparencia na xestión destes tributos
“Esiximos que a asignación de recursos responda a criterios técnicos e obxectivos, sen estar condicionada por afinidades políticas. Os cartos dos veciños e veciñas de Barreiros teñen que volver a Barreiros”, concluíu Veiga.





















Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.



