Cervo, 13 de outubro, 2026. A hostalería de San Cibrao volve poñerse en modo tapeo coa iniciativa “Sanci Tapeando”, unha proposta que ofrece cada xoves a oportunidade de gozar da gastronomía local a un prezo accesible e nun ambiente de proximidade.
A iniciativa, que conta coa colaboración do Concello de Cervo, reúne os establecementos Cervecería A Penúltima, Cervecería Las Titas, Bar Maruxaina, Bar O Faro, Terraza O Noso Lar, Bodega De Ana e Bar La Habana.
Cada xoves, os sete locais ofrecen unha tapa diferente e elaborada, ao prezo único de 3 euros. Ademais, as persoas que participen na ruta gastronómica poderán optar ao sorteo mensual presencial, que irá rotando polos establecementos participantes.
🍽️ TAPAS DESTE XOVES, 15 DE OUTUBRO
Cervecería A Penúltima: falso risotto de cogomelos
Cervecería Las Titas: nachos “Las Titas”
Bar Maruxaina: solombo á pementa
Bar O Faro: montadiño de polo crispy con salsa de curry e mango
Terraza O Noso Lar: hamburguesa de tenreira con cebola caramelizada e queixo San Simón
Bodega De Ana: albóndegas mariñeiras
Bar La Habana: tambor de plátano con carne
As persoas interesadas poden seguir semana a semana todas as tapas e novidades da ruta gastronómica a través da conta de Facebook Sanci Tapeando.
Desde o Concello de Cervo anímase á veciñanza e ás persoas visitantes a participar nesta iniciativa, que contribúe a dinamizar a hostalería local e a poñer en valor a variedade e a calidade da súa oferta gastronómica.





















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



