A Pontenova, 18 de outubro de 2026. O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, visitou hoxe varios establecementos comerciais da Pontenova, onde puxo en valor a capacidade destes negocios de dinamizar o territorio xerando actividade económica e emprego de calidade, ao tempo que se fixa poboación e se pon á disposición da veciñanza os produtos e servizos que precisa. Nesa liña, avogou por apoiar e estreitar a colaboración con todos os axentes implicados no pulo ao comercio galego de proximidade, co foco posto en contornas como a Mariña lucense.
Xa pola tarde, o director xeral asistirá á Gala anual da Asociación de comerciantes industriais, servizos e autónomos de Ribadeo (Acisa), que conmemorará o 37º aniversario da entidade. Ademais, celebrarase o Premio Nacional de Comercio Interior que se lles outorgou en 2025 na categoría de centros comerciais abertos.
A maiores, a gala servirá para facer entrega dos galardóns que concede Acisa este ano 2026, nas categorías de remuda xeracional, negocio emblemático, espírito emprendedor, toda unha carreira, socio honorífico e ribadense do ano.




















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



