Nota de prensa:
O Consorcio de bombeiros aproba o orzamento para 2011 dotado de 3,7 millóns de euros
– Preto de 2,6 millóns de euros destínanse á xestión do servizo, presuposto que recibirán as empresas que a semana que vén resulten adxudicatarias
– O Consorcio fixa o investimento para a xestión durante 8 meses prevendo o 1º pago en maio. Isto supón, segundo as previsións do organismo, que os 5 parques estarán a pleno rendemento nese mes
– 1 millón de euros adícase ó equipamento interno das instalacións de Viveiro, Chantada, Sarria e Vilalba, únicas adquisicións que restaban para completar a dotación dos 5 parques de bombeiros
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, acompañado polo Director Xeral de Emerxencias da Xunta, Santiago Villanueva, presidiu este luns no Pazo de San Marcos o Pleno do Consorcio Provincial de Bombeiros no que se aprobou o Orzamento para 2011 de dito organismo dotado de 3.700.918 euros e que asumirán ambas as dúas administracións ó 50%.
Desta cantidade, 2.597.000 euros adícanse á xestión do servizo. Trátase do presuposto total que recibirá ó longo deste ano as empresas que resulten adxudicatarias da xestión indirecta dos parques de bombeiros que se coñecerán a vindeira semana. Deputación e Xunta fixaron o investimento para a xestión durante 8 meses, prevendo que o primeiro pago se realice en maio, tendo en conta os prazos legais para a contratación do modelo de xestión. Unha vez adxudicada a xestión, as beneficiarias comezarán inmediatamente os procesos de selección e formación do persoal, polo que, segundo as previsións do Consorcio, os parques de bombeiros estarán a pleno rendemento en maio.
Parques equipados
O Pleno tamén aprobou a licitación do derradeiro equipamento interno das instalacións contraincendios de Viveiro, Chantada, Sarria e Vilalba por valor de 962.717 euros. O de Barreiros xa conta con este material: dende traxes de protección, ferramentas para o mantemento das instalacións e vehículos, equipos de escalada, material informático, e ata mobiliario para as oficinas.
Con respecto ó equipamento do parque móbil, na actualidade hai 21 vehículos, 12 adquiridos pola Deputación e 5 pola Xunta en 2008. A maiores, a semana que vén resolverase a contratación dos últimos: un vehículo autobomba urbano lixeiro, un de rescate de altura de 26 metros, e outro tamén de rescate de altura neste caso de 32 metros.
Con estas actuacións, o Consorcio valora que en maio os parques contarán cun total de 90 efectivos totalmente preparados. Haberá 18 por instalación: 11 bombeiros conductores, 6 xefes de quenda-conductores, e 1 xefe de servizo. Ademais, para entón, as instalacións contarán con todo o equipamento interno e externo necesario para o seu funcionamento. Polo que se refire ás obras, a Xunta informou que a semana que vén tamén se rematarán as do parque de Viveiro, o único que estaba pendente.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



