Nota de prensa
BNG DE RIBADEO
Ante a folga xeral do 27 de xaneiro
Desde o BNG de Ribadeo entendemos que hai motivos máis que sobrados para apoiar a folga xeral convocada pola CIG para este xoves 27 de xaneiro. As políticas de axuste practicadas polo goberno central e pola Xunta de Galiza son moi negativas tanto para os asalariados como para os traballadores autónomos e os pequenos empresarios.
Desta volta estamos a falar das pensións, do retiro máis que merecido ao que aspiramos todos e todas nós. Despois de teren enchido as arcas dos grandes bancos, agora, o Estado ten que sanear as súas contas cargando sobre as nosas costas a responsabilidade dunha crise que non xeramos nós.
A algúns líderes políticos estalles a ser moi fácil pedir sacrificios aos máis débiles e desprotexidos e non se atreven a esixir explicacións a aqueles que nos meteron nesta lameira. ¿Quen pode admitir como normais e naturais indemnizacións millonarias a altos cargos de empresas que houbo que sanear con diñeiro de todos e, pola contra, querer esixir ata 41 anos de cotización para podermos xubilarnos aos 65 anos?
Que unha persoa de 50 anos que leva traballando 30 e se vexa agora no paro porque a súa empresa foi á creba (por non poder refinanciar a débeda porque non hai liña de crédito) pense como vai conseguir chegar ata os 67 anos na recta final da cotización para a súa vellez.
Que un home de 35 anos, que a duras penas comezou a traballar con contratos temporais e agora se enfronta a duros anos de escaseza de traballo, pense como vai acadar os 41 anos de cotización dos que se fala para chegar ao 100% da pensión.
Que un universitario ao que cada vez se lle pechan máis as portas do mundo da investigación pola drástica redución en investimentos en I+D pense como vai poder lograr eses 41 anos de cotización.
Que un mozo de 20 anos, que traballa con horarios intensísimos, pense se vai chegar tan fresco aos 67 anos con ese ritmo de traballo.
En todo caso, o que vai pasar é que diminuirá a contía das nosas pensións por non termos logrado o 100% da cotización. Calcúlase que as pensións galegas poderán perder ata un 20% do seu valor. E non son precisamente as máis altas do Estado.
Todos sabemos que desta volta vanlle dar unha boa trincada ás pensións e tamén aos dereitos laborais. A nada que nos paremos a pensalo, comprobaremos que hai razóns máis que sobradas para protestar contra a política económica do goberno central, agora metido a sancristán dos mercados, e tamén contra a Xunta, por non usar o autogoberno galego para facer fronte a unha situación tan difícil e dedicarse a privatizalo todo en beneficio de tres ou catro.
Fagamos do noso dereito á folga un acto cívico e reivindicativo co que expresar a nosa carraxe cara a estes incompetentes que nos gobernan tanto en Madrid como en Santiago. Paremos o 27 de xaneiro. Acudamos a Burela á manifestación que partirá ás 12 horas da rúa Arcadio Pardiñas e rematará na Praza da Mariña.


















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



