Nota de prensa
¿Que ocorre coa residencia de anciáns de Foz?
Despois do parón do Nadal e de atender compromisos persoais, a Xunta Directiva da Asociación de Veciños “O Castro” de Foz retoma o seu programa de reunións periódicas para tratar aqueles temas que preocupan ós nosos asociados, en particular, e ó pobo de Foz, en xeral. E a creación e posta en marcha dunha residencia de anciáns e dun centro de día en Foz segue a ser un tema pendente e de vital importancia para a nosa vila.
Asistimos todos os días a un cruce continuado de informacións e opinións dados polos nosos políticos, atopándonos no medio dunha batalla e sen saber a que poden aterse os veciños de Foz. E así, un por outro, a casa segue sen varrer. Dinos que hai que facer estudios para ver se a residencia é realmente necesaria, que Foz ten as súas necesidades de atención xeriátrica cubertas, que hai residencias en lugares próximos… pero non se dan conta de que o que quere a xente de Foz é poder disfrutar da súa vellez no seu pobo e que o asilo non garante a atención necesaria, ben por falta de prazas ben por falta de medios, a pesar dos grandes esforzos que fai o seu persoal.
Como ben dimos a coñecer, a Asociación de Veciños “O Castro” de Foz leva moito tempo poñendo a reivindicación da residencia de anciáns como un dos temas principais na súa liña de traballo, o cal se intensificou nos últimos tres anos co envío de escritos e peticións de reunións ós diversos organismos que están implicados na súa creación. Nin agora nin no seu momento se nos deu resposta algunha polos representantes da Xunta de Galicia, que entendemos que son os últimos responsables na creación e xestión da residencia.
Hai xa meses que se creou un colectivo que aglutinase a todas as entidades asociativas do concello, ben fosen veciñais, culturais, sectoriais ou políticas, e este colectivo puxo en marcha diversas campañas destinadas a obter as respostas que “O Castro” de Foz non obtivera. A día de hoxe preténdese a revitalización de dito colectivo, pois entendemos que a unión fai a forza e se todos unimos os nosos esforzos teremos máis posibilidades de éxito.
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz segue e seguirá loitando para que a nosa vila conte coa residencia de anciáns e o centro de día dignos e respetables que precisa, encontrándose disposta a liderar unha reivindicación que nos beneficiará a todos desde o momento en que se tome a decisión real e efectiva de creala.






















A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



