Plan sectorial de Barreiros: a Xunta quere branquear as ilegalidades do concello con cartos públicos
Lugo, 14 de febreiro de 2011. ADEGA vén de apresentar ALEGACIÓNS ao chamado “Plan sectorial para a mellora do saneamento, abastecemento de auga e redes viarias dos concellos de Barreiros”, no que solicita á Xunta o rexeitamento absoluto deste planeamento e a continuación dos expedientes de infracción urbanística abertos na lexislatura anterior (coa apertura de novos cando haxa lugar) con vistas á reposición da legalidade urbanística e á depuración das responsabilidades, e que dé traslado de tais infraccións á Xustiza por se fosen constitutivas de delicto. Porén, a Xunta non só pretende mediante un Plano Sectorial legalizar os chanchullos de Barreiros, senón que vai utilizar cartos públicos (máis de 14 millóns de €) para, en plena crise, violar a Lei do Solo e blanquear as -presuntas- infraccións urbanísticas de alcaldes e promotores amigos.
Barreiros é un concello da Costa de Lugo cunha franxa costeira duns 8 quilómetros, que, nas súas oito parroquias, catro delas con litoral (San Cosme de Barreiros, Benquerencia, San Miguel de Reinante e San Pedro de Reinante), ten unha extensión total de 72 km2 e unha poboación actual (segundo datos do 2009) de 3.244 habitantes respecto da cal é oportuno destacar que, -pese ao “boom” turístico que vén experimentando todo o litoral a partires dos anos 80-, vén sufrindo un continuado decrecemento: desde os 4.134 habitantes do ano 1981 aos 3.250 do 2004 e os 3.144 do ano 2009.
Estas expectativas de poboación contradinse co outorgamento de licenzas urbanísticas por parte do Concello desde xaneiro de 2006 ata febreiro de 2007 para máis de 3.500 vivendas nas catro parroquias litorais, nun momento ademais no que a Xunta instaba a frear a degradación do litoral e no que, a través do Decreto 15/2007, ordenaba a suspensión das Normas Subsidiarias de Barreiros. Sirva de ilustración que o Colexio de Arquitectos de Lugo tiña visado durante o ano 2006 proxectos urbanísticos de máis de 6.500 novas vivendas no mesmo municipio, freadas en parte pola intervención da Administración autonómica. Ademais, resulta escandaloso que tal crecemento se produza nun concello cuxo planeamento urbanístico do ano 1994 está sen adaptar á legalidade vixente e que, desde os anos 80, vén presentando graves carencias no que ao saneamento, abastecemento de auga e subministro eléctrico se refire.
A este escándalo súmase o de construír nun solo que, como moito, non podería pasar legalmente da categoría de solo urbano non consolidado sen que as parcelas tiveran adquirido a condición de solar (Lei 9/2002. Artigo 20), é dicir, sen contar con “acceso por vía pública pavimentada e servizos urbanos de abastecemento de auga potable, evacuación de augas residuais á rede de saneamento, subministración de enerxía eléctrica, iluminación pública, en condicións de caudal e potencia adecuadas para os usos permitidos” (Lei 9/2002. Artigo 16).
Alén disto, as licenzas foron outorgadas aos promotores sen que estes:
*
· teñan cedido á Administración municipal “obrigatoria, gratuitamente e sen cargas o solo correspondente ao aproveitamento urbanístico do concello”; (Lei 9/2002. Artigo 20),
*
· teñan cedido “obrigatoria e gratuitamente á Administración municipal todo o solo necesario para os viais, espazos libres, zonas verdes e dotacións públicas de carácter local ao servizo predominantemente do polígono no que os seus terreos resulten incluídos”. (Lei 9/2002. Artigo 20),
*
· teñan “custeado e, se é o caso, executado ou completado as obras de urbanización do polígono, así como as conexións cos sistemas xerais existentes, nos prazos establecidos polo planeamento” (Lei 9/2002. Artigo 20);
Todo isto podería constituír un delicto contra a facenda e o patrimonio público e por trato de favor fronte a todos os demais proxectos obrigados a cumprir coa legalidade que, de ningunha maneira, debería quedar impune.
Ante estes feitos, ADEGA sostén que este “Plan sectorial para a mellora do saneamento, abastecemento de auga e redes viarias dos concellos de Barreiros” está exclusivamente creado para “branquear” toda esta lista de ilegalidades e irregularidades urbanísticas e para dotar a toda esta explosión urbana, -imposible de xustificar desde criterios de evolución e crecemento poboacional-, dos servizos básicos de saneamento, abastecemento de auga potábel e de rede viaria (queda o subministro eléctrico para mellor ocasión) que, como se dixo, era preceptivo ter antes da concesión da licenza e antes de iniciarse a edificación.
A CARGO DE FONDOS PÚBLICOS
Se xa todo o citado constitúe un escándalo, xa non quedan cualificativos cos que describir o descaro do goberno da Xunta, -que debera ter como primeira premisa a defensa da facenda pública e do patrimonio de todas e todos nós-, ao propoñer sen rubor algún que (a pesares da actual conxuntura de grave crise económica á que esta especulación urbanística tanto ten contribuído) todas estas infraestruturas se executen a cargo dos fundos públicos (máis de 14 millóns de euros). Ou que, a maiores, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, -que é a encargada de vixiar a aplicación da legalidade urbanística-, as queira realizar mediante a utilización fraudulenta dunha lexislación de ordenación do territorio para así asegurarse a prevalenza do Plan Sectorial sobre as disposicións da Lei do solo, cando ademais hai de por medio unha denuncia do Ministerio Fiscal ante o Xulgado de Mondoñedo (de decembro do 2009) contra o Concello de Barreiros por presunta e continuada infracción urbanística.
Dende ADEGA estamos seguros de que o mar e o litoral, coas súa auga, a súa biodiversidade, as súas praias e a súa paisaxe, son o primeiro recurso ambiental e económico dos concellos da costa. A todas e a todos nos corresponde asumir a responsabilidade de conservalo para o goce das xeracións actuais e futuras. Neste empeño ADEGA comprométese ao persoarse na causa aberta no Xulgado de Mondoñedo pola denuncia da Fiscalía.


























Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en
O evento reunirá artistas e agrupacións que representan a tradición musical da zona, nunha xornada pensada para reivindicar a historia sonora do Val e o legado das súas xeracións de músicos. A programación inclúe un obradoiro musical gratuíto para nenos de 5 a 12 anos, unha mesa redonda moderada polo escritor Lionel Rexes e unha ampla quenda de concertos con participación de intérpretes e grupos vinculados ao territorio. Durante todo o festival poderá visitarse a exposición fotográfica Aquí segue soando a música, que recolle imaxes antigas e actuais para mostrar a evolución musical da comarca desde comezos do século XX ata hoxe. A iniciativa conta coa colaboración do Concello do Valadouro, o Concello de Alfoz, a Xunta de Galicia, a Deputación de Lugo e o CENTRAD.



