Nota de prensa:
R COMEZA O DESPREGAMENTO DA SÚA REDE DE FIBRA ÓPTICA NO CONCELLO DE XOVE
Está previsto que medio millar de fogares e empresas de Xove dispoñan de conexión directa á rede de R para acceder aos servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R.
O municipio lugués de Xove pasará a formar parte do grupo de cidades e concellos galegos que dispoñen de conexión directa á rede de telecomunicacións de última xeración que o operador está a despregar en toda a comunidade autónoma.
R prevé levar os servizos integrados de teléfono, internet de alta velocidade, televisión dixital e móbil R a uns 500 fogares e locais empresariais do municipio. Cun investimento aproximado a medio prazo de 440.000 euros, R despregará 3 quilómetros de canalizacións e preto de 2 quilómetros e medio de fibra óptica en Xove. De feito, os traballos de obra civil para conectar fogares e empresas deste concello lugués á rede de R xa se realizaron nas rúas de Camiño Real, Lavandeiras, Estrada Regueira, Tomás Mariño Pardo e na urbanización Palmeiro e de contado desenvolveranse o resto das obras nos accesos a esta última zona residencial e na área de Deputación.
novos servizos
R, presente xa en 76 localidades da comunidade, continúa despregando a súa rede en Galicia para poder ofrecer, entre outras cousas, servizos de telecomunicacións cun acceso a internet de 100 megas de baixada e 5 megas de suba e cun caudal garantido do 80%. Así mesmo, grazas á nova e potente rede de fibra óptica que R está construíndo, rúa a rúa, os habitantes de Xove disporán de chamadas gratis a todos os fixos estatais e poderán contratar un servizo de televisión temática multicanle con calidade de imaxe e son dixitais por fibra óptica, máis de 90 canles, guía e miniguía electrónicas de programación e múltiples posibilidades de interactividade. O vídeo baixo demanda e máis a televisión en alta definición completarán este ano o servizo de televisión R. Por outra banda, tras pouco máis dun ano do lanzamento do servizo de móbil R, integrado na oferta de telecomunicacións do operador galego, R xa conta con preto de 90.000 liñas e é pioneiro neste mercado ao ofrecer chamadas gratis a móbiles de calquera operador dende o teléfono fixo para todos os seus clientes de televisión dixital e gratis a móbiles R para todos os seus clientes.






















Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



