-Tarde soleada e moi agradable.
-44 inscritos, 28 na Liga Senior, 8 na Sub 18 e 8 na Liga Feminina.
Liga Senior.- HAI LIGA!. Quen o ía decir, que a falla de dúas tiradas e 26 puntos máximos por disputarse, calquer dos catro primeiros clasificados pode gañar a competición, xa que a diferencia entre o líder Arturo Vigo (104 puntos) e o cuarto Luis Rancaño (96 puntos) é de só 8 puntos. O fallo de Arturo Vigo, quen non conseguiu siquer puntuar, foi aproveitado polos seus tres principais rivais (Ginés, José Rafael e Luis), tódolos cales conseguiron acadar boas puntuacións, quedando Ginés a 4 puntos, José Rafael a 7 e Luis a 8. A xornada inda foi máis nefasta para Arturo xa que veu cómo Luis Rancaño lle empataba a mellora bolada do campionato a 81 puntos, polo que se ninguén a supera, terán que desempatala na última xornada de Sumoas.
Unha noticia positiva foi a victoria de Carlos Javier Rodríguez “O Felgo”, quen despois de varios meses de inactividade debido a unha lesión, retornou ao campo de xogo e o fixo cunha victoria, o que nos alegra sobremaneira, xa que se trata dun gran xogador.
| LIGA SENIOR – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL | ||
| ARTURO VIGO CASABELLA | 104 | 1º – TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 100 | 2º TROFEO AUTOESCUELA MUNDAIL |
| JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 97 | 3º TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| LUIS RANCAÑO BOUSO | 96 | |
| CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 67 | |
| MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 60 | |
| MELLOR BOLADA PROVISIONAL: -ARTURO VIGO (OBTIDA O 4 DE DECEMBRO DE 2010 NO C.S. DE SUMOAS)-LUIS RANCAÑO (OBTIDA O 19 DE FEBREIRO DE 2011 NO C.S. DE VILACHÁ) | 81 tantos | TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
Liga Sub 18.- Nesta Liga sigue tamén a emoción, e Salomé Cardoso e Aitor Bouso continúan coa súa liorta particular, neste caso favorable a Aitor Bouso quen lle logrou recortar en dous puntos a diferencia con Salomé, quedando agora a 6 puntos da líder, puntos que se son ben administrados por Salomé poden ser suficientes para gañar o campionato. Na terceira posición continúa Daniel López con 40 puntos, quen nas últimas xornadas se desplomou, non conseguindo puntuar nas últimas catro. De todas formas, a excelente campaña realizada na primeira volta, vaille permitir ocupar con toda seguridade o terceiro posto absoluto final, inda que ClaudIa Fernández matematicamente o podería alcanzar, pero non o vemos factible. Polo tanto, tamén moita emoción nesta categoría ata o final, onde Aitor debe quedar por diante de Salomé na próxima tirada se quere seguir aspirando a gañar, en caso contrario, Salomé podería proclamarse matematicamente campiona a vindeira semana en Morás.
| LIGA SUB 18 – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL | ||
| SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 62 | 1º – TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| AITOR BOUSO GAVIN | 56 | 2º TROFEO AUTOESCUELA MUNDAIL |
| DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 40 | 3º TROFEO AUTOESCUELA MUNDIAL |
| CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 28 | |
| SAMUEL REY ÁLVAREZ | 19 | |
| ISAIAS CARDOSO | 20 | |
| MELLOR BOLADA PROVISIONAL – SAMUEL REY (OBTIDA O 30 DE OUTUBRO DE 2010 NA BOLERA DO CAMPO DE FÚTBOL DE XOVE) | 62 tantos | TROFEO |
Liga Feminina.- NOVO CAMBIO NA CLASIFICACIÓN. A mala xornada da ata ese momento líder Belén Meitín, quen non foi capaz siquer de puntuar, costoulle o liderato e, ao mellor, incluso o campionato, o cal se verá nas dúas tiradas que faltan. A reacción de Dolores Baño, que ademáis da tirada conseguiu a mellor bolada, fai que agora lidere (57 puntos) con 5 puntos de ventaxe sobre a segunda Belén Meitín. Belén ten tamén outro problema, xa que por detrais ten a actual campiona Carmen Roca, quen está a só a 4 puntos da segunda posición. Fora xa da loita polos tres primeiros postos temos a Concepción Piñeiro con 32 puntos e Salomé Cardoso con 31. Polo tanto, quédanos dúas tiradas tamén apaixoantes nesta categoría, nas cales o orden das actuais tres primeiras pode cambiar totalmente.
| LIGA FEMININA – CLASIFICACIÓN PROVISIONAL | ||
| DOLORES BAÑO FRAGA | 57 | 1º – TROFEO |
| BELÉN MEITÍN ROUCO | 52 | 2º – TROFEO |
| CARMEN ROCA CORRAL | 48 | 3º – TROFEO |
| CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 32 | |
| SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 31 | |
| MELLOR BOLADA PROVISIONAL – BELÉN MEITÍN (OBTIDA O 17 DE XANEIRO DE 2011 NO CLUB SOCIAL DE PALMEIRO) | 68 tantos | TROFEO |
A Vindeira tirada, oitava da Segunda Volta e penúltima do campionato, vai ter lugar na BOLERA DO CENTRO SOCIAL DE MORÁS, O VINDEIRO SÁBADO, 26 DE FEBREIRO DE 2011.
























Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
