Nota de prensa:
O POL PARALIZA EN CERVO USOS RESIDENCIAIS DENTRO E FORA DA FRANXA DOS 500 METROS DA COSTA
Cervo e un dos tres concellos da Mariña mais afectados pola normativa autonómica do POL
A aprobación definitiva do POL confirma os datos que o BNG expuxo nos actos públicos onde informou sobre este documento
Cervo, 22 de febreiro de 2011. O BNG viu confirmadas coa aprobación definitiva do Plan de Ordenación do Litoral todas as informacións ofrecidas aos veciños nas diferentes charlas informativas ofrecidas no pasado ano en relación a este documento. Os nacionalistas remítense á documentación contida no Plan, as contestacións da Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe ás alegacións presentadas polo goberno local e a informacións xornalísticas para verificar que Cervo e un dos concellos mais afectados na anulación de solos ate agora considerados urbanizábeis na franxa dos 500 mts. de costa que quedará amplamente superada pola prohibición de futuros desenvolvementos urbanísticos de carácter residencial. Os nacionalistas piden ao PP que se explique e aclare aos veciños e veciñas a súa opinión sobre a desvalorización de moitos destes solos que so van ser aproveitables para acuicultura ou para actuacións de carácter turístico.
O documento pon ao descuberto as mentiras de Balseiro sobre a non afectación do POL en Cervo
Mentres o BNG facía unha intensa campaña informativa o ano pasado sobre a afectación do POL en Cervo sobre terreos situados dentro e fora da franxa dos 500 mts. da costa e Balseiro negaba tal afectación, agora coa aprobación definitiva do documento “póñense ao descuberto as súas mentiras, xa que Cervo e un dos 12 concellos galegos con maior afectación” e o mais afectado dos da Mariña polo número de has. eliminadas para usos residenciais dentro da franxa dos 500mts. da costa, onde se elimina calquera desenvolvemento residencial”. Os nacionalistas botan en falta as valoracións catastrofistas do PP sobre un documento de carácter definitivo tal como as fixeron coas medidas urxentes aprobadas polo bipartito cando estas tiñan carácter provisional.
A Dirección Xeral de Sostibilidade e Paisaxe non aceptou as alegacións presentadas polo goberno local
Os nacionalistas acusaron ao PP de “non defender os intereses de Cervo e calar diante da Xunta amiga que non aceptou as alegacións presentadas ao POL”. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Estúa, especificou que o POL deixa ao concello sen un m2 de solo residencial na franxa dos 500m2 de costa e por riba desa franxa tamén. O Director Xeral de Sostibilidade e Paisaxe contestou as alegacións presentadas polo concello “negando a redución dos solos incluídos na zona de Mellora Ambiental e Paisaxística” e confirmando, tal como anunciara o BNG, que os núcleos aquí incluídos so poderán pechar a trama existente e no caso de novas edificacións só poderán construírse en dirección contraria ao mar; neste caso está o núcleo de Lieiro, onde se elimina calquera posibilidade de edificar entre a desembocadura do Río Covo e a praia da Limosa, na denominada zona da Redonda. Igualmente o BNG cualificou de “torpe e ausente de sentido” a alegación do goberno municipal de requirir que o POL se adaptase ao documento do PXOM en redacción, “era evidente que isto non se aceptaría xa que a normativa do POL deixa claro que isto debe facerse ao revés, o futuro PXOM de Cervo ten que incluír as directrices de ordenación fixadas no POL”. A Xunta so aceptou unha alegación para incluír dentro do ámbito de Ordenación os terreos situados ao sur da vía férrea en Lieiro e os situados ao sur da factoría de ALCOA.
O documento definitivo confirma as explicacións que o BNG anunciou durante a súa tramitación
Ademais da zona da xa mencionada da Redonda en Lieiro, hai outras no Guioncho, Madeiro, Fontao, Rueta e norte de Daián que teñen hipotecado o seu desenvolvemento residencial polas afectacións derivadas de estar incluídas dentro da zona de Mellora Ambiental e Paisaxística ou de Protección de ríos. Ao PP enchéuselle a boca de criticar medidas provisionais como a Lei do Litoral no ano 2009 e agora aproba un documento definitivo que permitirá a ocupación da costa por plantas acuícolas mentres prohibe a construción dunha vivenda, dentro e fora da franxa dos 500 metros da costa. Os nacionalistas “instan ao PP cervense a reeditar o panfleto distribuído en 2009 con motivo da aprobación polo bipartito da Lei do Litoral e a explicar porqué no 2009 as cosas estaban tan mal feitas e agora polo contrario fanse ben”, concluíu Estúa.

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



