Nota de prensa
A iniciativa popular aprobada pide que en su defecto que o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño estableza unha liña de axudas a armadores e tripulantes e medidas complementarias destinadas ao mantemento da flota e dos postos de traballo
O PARLAMENTO APROBA, A INICIATIVA DO PPDEG, ESIXIR AO GOBERNO DO ESTADO A RENEGOCIACIÓN Á ALZA DAS COTAS PESQUEIRAS DO LIRIO E DOUTRAS ESPECIES DE INTERESE COMERCIAL PARA A FLOTA GALEGA
• Na Proposición non de lei presentada por Manuel Ruiz Rivas, Carlos Negreira e José Manuel Balseiro se salienta que “ a ministra Rosa Aguilar, asesorada por unha comunidade que non ten experiencia marítima como é Estremadura, non estivo á altura na defensa dos intereses da nosa flota e perigan máis de 8000 postos de traballo”
• Na iniciativa popular se pide que o Instituto Español de Oceanografía elabore un estudo para determinar a situación real dos caladoiros, toda vez que o propio sector está a recalcar que o nivel real de existencias de recurso son miotos máis amplas do que din os estudos
• Tamén o PPdeG insta a continuar co desenvolvemento da mesa de traballo co concurso do sector na busca de solucións complementarias e positivas que redunden na operatividade e sostibilidade da flota e dos empregos e movimentos económicos dela derivados
Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 2011.- O pleno do Parlamento de Galicia aprobou, na súa sesión de hoxe, unha iniciativa do PPdeG na que se insta á Xunta de Galicia a dirixirse ao Goberno do Estado para que renegocie á alza o TAC do lirio e doutras especias de interese comercial para a flota galega. Na iniciativa, presentada polo voceiro popular Manuel Ruiz Rivas, Carlos Negreira Souto e o voceiro do Mar José Manuel Balseiro tamén se amosa o apoio incondicional á flota de arrastre galega que desenvolve unha actividade económica xeradora de miles de empregos na nosa Comunidade, ante a decisión da Comisión Europea de reducir nun 93% a cota de capturas de lirio xa que estas medida provocará que os buques dos países nórdicos, que pescan cantidades moi superiores, acaparen ese mercado e provoquen o amarre da flota galega.
O voceiro do Mar do Grupo Popular, José Manuel Balseiro, criticou o “fracaso estrepitoso da ministra Rosa Aguilar, asesorada por unha comunidade que non ten experiencia marítima como é Estremadura, que non estivo á altura da defensa dos intereses da nosa flota e é inaudito que haxa barcos e mariñeiros galegos dispostos a traballar, que haxa pesca en abundancia e que a Comisión Europea non permita que sigan faenando, mentres o Goberno de España mira para outro lado”.
LIÑA DE AXUDAS A ARMADORES E TRIPULANTES
Na iniciativa popular aprobada se pide que de non facerse efectivo o incremento das cotas pesqueiras o Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, como administración competente na xestión desta pesquería e na petición das cotas, estableza unha liña de axudas a armadores e tripulantes, así como calquera outras medidas complementarias que estime oportunas, destinadas ao mantemento da flota e dos postos de traballo.
Tamén se solicita ao Goberno de España que impulse un estudo actualizado sobre a situación dos recursos pesqueiros no Cantábrico noroeste a través do Instituto Español de Oceanografía para coñecer a situación real dos caladoiros, toda vez que o propio sector está a recalcar que o nivel real de existencias de recurso son moitos máis amplas do que din os estudos, e desta forma tomar decisións sobre a distribución das cotas pesqueiras en base a argumentos científicos.
MESA DE TRABALLO
Na iniciativa do PPdeG debatida hoxe tamén se insta a continuar co desenvolvemento da mesa de traballo co concurso do sector na busca de solucións complementarias e positivas que redunden na operatividade e sostibilidade da flota e dos empregos e movimentos económicos dela derivados.
Segundo José Manuel Balseiro “o Goberno socialista central aceptou en Bruxelas un TAC de lirio tan ínfimo, que fará que as flotas especializadas nesta especie e o resto dos buques non poidan faenar, orixinando o amarre da flota”. Deste xeito indicou que tan só os barcos que operan no porto da Coruña descargaron no pasado ano máis de 1.700 toneladas de lirio, “o que supón que só a flota coruñesa descargou en 2010 unha cifra moito maior que toda a cota asignada para España no 2011 que é de menos de 1.000 toneladas”. Balseiro Orol sinalou que no caso dos recortes do lirio as flotas máis afectadas son as de Ribeira (39 unidades, das cales 24 faenan á parella), A Coruña (8), Celeiro (11, deles 9 en parella), Burela (7, dos cales un faena á parella), Muros (10), Marín (11) e, en menor medida, Muxía (2), Bueu (2), Corme (1) e Vigo (1). O deputado popular lamentou que o BNG non apoiara as medidas aprobadas na sesión de hoxe, encamiñadas a mellorar as cotas pesqueiras, xa que se abstivo no proceso de votación da iniciativa popular.




















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



