A música e a poesía, en calquera manifestación cultural, resulta sempre unha acertada combinación e fala, en primeira instancia, da sensibilidade das persoas que, dende as responsabilidades das súas funcións, teñen a misión de deseñar, programar e coidar da realización de todo evento que non só teña a finalidade de proporcionar un tempo de lecer á cidadanía; senón que o mesmo debe ter unha compoñente didáctica, aleccionadora. Sobre todo cando a iniciativa emana dun órgano da administración pública, sempre atenta – así debería ser, cando menos– á mellora cultural e social da veciñanza, obxectivo que, con calquera motivo, nalgunha medida debería perseguirse. Isto é o que dende hai uns anos ven facendo a bibliotecaria de Foz, Chús Alvarez, que comeza por convocar, co gallo anual de san Valentín, un concurso de poemas de amor – motivo supremo de inspiración poética, pois xa Lope de Vega dixera que “o amor foi o inventor dos poemas”, para ó remate do ciclo, coa entrega de premios, mesturar, en acto entrañable e sinxelo, a música e a poesía.
O devandito acto celebrouse o sábado pasado na Casa da Cultura Poeta Manuel María e os animadores musicais do mesmo foi un grupo vocal, co acompañamento de guitarra e acordeón, que se autodenomina “Mar Aberto”. Trátase dunha ducia de focegos, boa parte deles no seu día compoñentes de diversos colectivos corais, cuxo repertorio nútreo, en boa medida, as cantigas que a cotío se escoitaban pola rúas e tabernas e en toda xuntanza, nos vellos tempos nos que se prodigaban os reiseñores que ceibaban ó ar as notas doces e engaiolantes, para as que moitos – mariñeiros, sobre todo – tiñan especiais dotes e gusto interpretativo, naqueles tempos tan duros, pero de feliz memoria.
É sabido que, durante décadas, as habaneras e boleros foron as melodías preferidas, e para quen polos anos 50 encetábamos o noso “currículum” lúdico o seguen a ser. É por iso que os asistentes ó acto, a actuación de “Mar Aberto” tivo un singular encanto, ó que puxo énfase a nostalxia, a ritmo de
Suso Fernández

















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



