Nota de prensa
Pezas e lendas de mulleres (Visitas guiadas aos Museos da Rede Museística)
O Museo Provincial do Mar (San Cibrao, Cervo), Museo Etnográfico de San Paio de Narla (Friol) e o Pazo de Tor (Monforte de Lemos)programan para hoxe día 5 e os dias 8, 12, 19 e 26 de marzo de 2011, ás 12:00 h. visitas guiadas gratuitas con motivo do Día da Muller 2011. Os percorridos teñen como lema “Pezas e lendas de mulleres”, e en cada un dos museos farase un percorrido evocador dos usos de diferentes obxectos e obras expostas, semrpe en relación coa historia das mulleres. os visitantes recibirán como agasallo a reproducción de textos literarios e lendarios nos que diferentes mulleres vinculadas a cada un dos museos son protagonistas.
Esta actividade forma parte do Programa de Actividades programadas pola xerencia da Rede Museística arredor do Día da Muller 2011:
-Visitas guiadas:
-Xornadas sobre muller e igualdade.
-Mesas de discusión sobre muleres e mundo rural, mulleres e mundo do mar, mullerrees e historia.
-Exposicións, conferencias, proxeccións…





















O Pazo de San Marcos acolleu a conferencia final, de Manuel Andrade Baliño, e a entrega de premios ás alumnas e alumnos que obtiveron mellores valoracións nas probas que realizaron, o xoves, individuais, na Facultade de Formación do Profesorado de Lugo, e o venres, por equipos, en Mondoñedo. A final do certame, cunha axenda complentaria que achegou ás rapazas e rapaces ao patrimonio e á cultura, celebrouse por primeira vez en Lugo da man da Asociación Galega de Profesorado de Matemáticas (Agapema) e coa colaboración da área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación.
Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
Dentro desta programación, o martes 30 de xuño ás 11:00 celebrarase na Casa da Cultura unha charla divulgativa impartida pola astrofísica Lucía González Cuesta, aberta a toda a veciñanza. A iniciativa enmárcase no programa provincial que busca ofrecer información rigorosa e garantir unha observación segura. Durante a xornada repartiranse folletos e gafas homologadas. A alcaldesa, Marta Rouco, destaca o carácter histórico do eclipse e anima a participar para vivilo con seguridade. O Concello lembra que só deben empregarse gafas específicas para mirar ao sol e continuará colaborando en actividades divulgativas e sociais arredor deste acontecemento único.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
Os concertos serán os xoves ás 20:30 h e incluirán propostas variadas como The Swinging Flamingos, Terrae & Nastasia Zürcher, César de Centi, Silvia Penide, Bela Clarlo, Disquetera e unha sesión especial de DJ Mr. Fishman o 11 de agosto. O Concello destaca que esta iniciativa busca dinamizar os espazos públicos, ampliar a oferta cultural do verán e converter a alameda nun punto de encontro para veciñanza e visitantes.



