Nota de prensa
14 campións nacionais de surf promocionarán a Mariña esta fin de semana
– A campiona e subcampiona en España de surf, a asturiana Lucía Martiño e a galega Erika Franco respectivamente, sumáronse esta semana ó “Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo”
– Hoteis de Ribadeo e Foz presentan un índice de ocupación do 75% de cara á fin de semana
– Representantes da Federación Española de Surf e persoas de toda España xa confirmaron a súa asistencia, mentres que máis de 200 internautas sitúan o evento entre os seus espazos favoritos na Rede
– Besteiro recalca que “o importante é que se fale e se visite a Mariña tamén no inverno”
A elite nacional de surf, tanto masculina como feminina, promocionará a Mariña esta fin de semana durante a celebración do Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo. Trátase do evento que organiza a Deputación en colaboración co establecemento ribadense “Hola ola” co obxectivo de impulsar ó exterior a costa lucense mediante a posta en valor da súa riqueza medioambiental, turística e o deporte. Para elo, o organismo provincial conseguiu a adhesión dos mellores profesionais de surf en España, dispostos a facer de embaixadores da Mariña lucense. Debido ó éxito da iniciativa, as últimas incorporacións foron a de Lucía Martiño, asturiana de 17 anos campiona de surf en España, e Erika Franco, ferrolana de 17 anos e subcampiona nacional de surf. En total, 14 campións deste deporte no país participarán no Surf-Camp: os galegos Gony Zubizarreta, Jaji Iglesias, Pablo Romero e Erika Franco; ademais de Kepa Acero, Jonathan González, Pablo Solar, Iván Vilalba, David Sastre, Pablo Guitérrez, Hodei Collado, Adur Letamendía, Indar Unanue e Lucía Martínez.
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, recalcou que “o importante é que se fale e se visite a Mariña tamén no inverno”. Deste xeito, para garantir a máxima participación no evento, o organismo provincial deseñou un programa con actividades dirixidas a persoas de todas as idades e totalmente gratuíto, que comezará a desenvolverse mañá, ás 18:00 horas, coa presentación do evento e dos participantes no Hotel Fogar do Mariñeiro de Ribadeo por parte da Vicepresidenta Segunda da Deputación, Lara Méndez.
Logo de coñecer a situación do mar, a praia Fontela Balea no Concello de Barreiro, tamén chamada como “Oliñas de Mar” polos surfeiros debido o seu oleaxe, será o escenario da “Expression Session”, 1º actividade do sábado 12, que se iniciará ás 10:00 horas da mañá. Trátase dunha demostración de surf buscando os xiros máis espectaculares na que participarán os profesionais, así como todas as persoas que o desexen.
Ese mesmo sábado, ás 14:00 horas, os surfeiros farán unha visita para promocionar a Praia das Catedrais –o segundo lugar máis visitado de Galicia despois da Catedral de Santiago-, e ás 17:00 horas realizarán un treito do Camiño da Costa partindo dende a Illa Pancha co fin de apoiar á Deputación no recoñecemento desta ruta peregrina. Ás 18:30 horas, chegará o momento da demostración de wake-surf nocturno na ría de Ribadeo para, as 21:30 horas, entregar os galardóns da exhibición de surf e dar paso a unha festa surfera no local Ribazo de Ribadeo con proxección de vídeos da costa luguesa.
O domingo, 13 de marzo, a praia da Rapadoira de Foz será escenario dunha nova sesión de surf a partir das 12:00 da mañá e ata o mediodía. Todos os interesados en participar que non dispoñan de equipamento, poderán reservalo de xeito gratuíto chamando con antelación ó 982-120-064.
Para estar puntualmente informado do desenvolvemento do encontro só é preciso entrar no espazo km0surfcamp.deputacionlugo.org. ou na rede social máis popular en España, www.facebook.com/km0surfcampdeputacionlugo.
70% de ocupación hoteleira
No evento estarán representantes da Federación Española de Surf, é o caso de Hector Tango. Ademais, persoas das 4 provincias galegas, así como de Madrid ou Estremadura xa confirmaron a súa asistencia. O espazo de facebook recibiu centos de visitas, deste xeito máis de 200 internautas sitúan o Km0 Surf-Camp Deputación de Lugo entre as súas páxinas web favoritas. A día de hoxe, hoteis de Ribadeo e Foz xa presentan un índice de ocupación hoteleira do 70% de cara á fin de semana. Por exemplo, o Minorte ten o 70% das súas prazas cubertas e o Cabazo o 80%. Os surfistas chegarán acompañados de blogueiros e prensa especializada, polo que a promoción da Mariña está asegurada. Deste xeito, xa confirmaron a súa asistencia 3 dos fotógrafos especilazados en realizan imaxes dentro do mar máis coñecidos en España: Juan Fernández, José Haya e Fedric Arros.





















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"
