Nota de prensa
Ricardo Varela e Ismael Rego participaron na presentación do candidato socialista mindoniense
MODESTO DIAZ GARCIA COMPROMETESE A TRABALLAR “A REO” PARA QUE MONDOÑEDO CONTE CUN CENTRO DE DIA NA VINDEIRA LEXISLATURA
– O candidato mindoniense dixo que o mais importante da política son as persoas que conforman a miña cidade, e que fan que cada día traballe a reo e loite por un mundo mais xusto e solidario
– Tamén aludiu as inversións na cidade. E argumentou “so teño que darlle unha cifra, mais de 7.5 millóns de euros xestionados nesta lexislatura, ese é o noso balance”
Mondoñedo , 11 de marzo de 2011.- O candidato socialista á alcaldía de Mondoñedo, Modesto Díaz García anunciou hoxe que traballará a reo na vindeira lexislatura para que a cidade conte cun Centro de Día na vindeira lexislatura. Modesto Díaz fixo este anunciou, hoxe, na Casa de Xuventude de Mondoñedo donde presentou
de mindoniense para as vindeiras eleccións municipais.
No acto estivo acompañado de moitos veciñas e veciñas da cidade episcopal e tamén do secretario provincial e deputado Ricardo Varela, e do deputado da comarca Ismael Rego. Tamén asistiu a deputada no Congreso Margarita Pérez Herraiz e a deputada Sonia Verdes.
Díaz García explicou, na súa intervención, “que o mais importante da política son as persoas que conforman a miña cidade, e que fan que cada día traballe a reo e loite por un mundo mais xusto e solidario”.
Tamén aludiu as inversións na cidade. E argumentou “so teño que darlle unha cifra, mais de 7.5 millóns de euros xestionados nesta lexislatura, ese é o noso balance. Poido explicarvos un sen fin de obras como por exemplo a pavimentación ou o acondicionamentos de diversas rúas, ou o abastecemento de augas, ou a restauración da Igrexa da Alcantara, do Barrio Vilar ou a Ponte do Pasatempo, levar internet ás parroquias, melloras no alumeado publico, o saneamento ou a creación de parques infantís”. Por iso insistiu “polo tanto creo que os deberes que nos puxemos dende PSOE están aprobados con nota”.
Tamén tivo palabras para a xestión de Feijoo cos concellos de Galicia. Dixo “si me piden que valore a xestión de Goberno de Feijoo con esta terra e cos mindonienses, a reposta téñoa moi clara: porque teño que facer un balance moi negativo. Teño que dicir que dende a chegada do Partido Popular, os concellos de Galicia estamos esquecidos porque hai recortes xeralizados en tódalas Consellerías”. Ademais denunciou un reparto sectario e clientelar de axudas para os concellos, “porque se non pintas do mesmo xeito que o Partido Popular, para aquí non ven un peso”, advertiu. E engadiu “hoxe en Galicia todo esta presidido polo caciquismo e o amiguismo, porque co PP co partido de Feijoo, todo en vale en política”, espetou
Loubou o traballo do Presidente da Deputación e do Ministro de Fomento
Loubou o traballo e a xestión do Presidente da Deputación Provincial , e tamén do Ministro de Fomento, Pepe Blanco, e afirmou que o Ministro” fixo mais por Mondoñedo neste anos ao fronte do Ministerio, que tódolos gobernos habidos e por haber na Historia da nosa cidade. Porque unha cidade que conta con menos de 5.000 habitantes, e cunha poboación altamente envellecida esta disfrutando dunha subvención de mais 1.100.000 euros para reordenar os espazos do contorno da Catedral. Un home, mellor dito un socialista que esta impulsando como ningún as infraestructuras viarias na nosa Comunidade e tamén na nosa Comarca”.
Ricardo Varela denuncia a neglixente xestión de Feijoo
Pola súa banda o Secretario Provincial de PSOE lucense Ricardo Varela fixo un repaso pola neglixente xestión do PP , neste dous anos en Galicia. Aludiu as cifras de paro, das que dixo “somos campións europeos”, e a estratexia política de Feijoo de culpar ao Goberno de Zapatero de tódolos problemas de Galicia, tamén a utilización partidaria da Xunta en beneficio do PP, ademais da falla de transparencia da Xunta ou da reducción xeralizada das contas autonómicas. En resumen “retrocesos, abandono, partidismo e confrontación, estes son os ingredientes do balance de Feijoo”.
O deputado da Comarca Ismael Rego denunciou que a única iniciativa do Goberno de Feijoo para a comarca a Mariña e cos mariñaos “é un convenio asinado co Concello de Barreiros por mais de 13 millóns para urbanizar este concello, e tamén o derrube do Colexio Rivera Casas en Cervo, por mais 1 millón de euros”. Dixo que dende a chegada de Feijoo á Xunta non hai ningunha boa noticia nin para os mariñaos nin para os mindonienses.
ETAP de Cervo
A maoires aludiu a inauguración hoxe da ETAP en Cervo, o deputado afirmou que esta obra foi proxectada e realizada na pasada lexislatura, e cun Goberno presidido por Emilio Perez Touriño, “hoxe Feijoo so veu a cortar a cinta, porque o traballo xa estaba feito”, resumiu.


















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



