Nota de prensa:
O Burela FSF gáñalle o pulso ao contragolpe rival (3-6) e acada os tres puntos
Partido exemplar das pupilas de Pardeiro, que sufriron as contras das locais nos primeiros minutos e souberon adiantarse no marcador nos últimos instantes para rematar gañando o choque con contundencia (3-6), con Vanessa e Milena como goleadoras no último suspiro.
Resulta un paradoxo que pese a exercer un control case absoluto, o cadro laranxa empezara por detrás no marcador, pero así son este e outros deportes, que premian o acerto máis que méritos. E os goles son a vara de medir ata que cambie o baremo no fútbol sala, o Burela Pescados Rubén tivo que esperar ata o minuto 38 para pórse por diante e recuperarlle a cara ao encontro. O gol de Milena (3-4) serviu para que Vanessa (hat-trick da brasileira) e ela mesma se animaran ata deixar en tres as locais. O 3-6 final mantén as mariñás en posición envexable e deixa un panorama esperanzador de cara ás vindeiras xornadas.




















A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
Convida a retomar unha vida activa tras o verán facilitando a inscrición con matrícula gratuíta e, para os máis indecisos unha proba de 3 días gratis para coñecer o centro deportivo e os seus servizos.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
