Nota de prensa
Jorge Moirón asume a dirección de Novas Xeracións na Pontenova
* A executiva constituíuse onte coa presenza, entre outros, dos diputados, Agustín Baamonde e José Manuel Balseiro; a senadora, María del Carmen Geimunde e o candidato local á alcaldía, Jorge García
A Pontenova, 14 marzo de 2011.- A executiva local de Novas Xeracións da Pontenova constituíuse onte coíncidindo co xantar do Partido Popular da localidade. Durante a celebración estiveron presentes o diputado autonómico, Agustín Baamonde; o secretario xeral do PP e diputado, José Manuel Balseiro; a senadora, María del Carmen Geimunde; o candidato do PP á alcaldía local, Jorge García; o presidente provincial de NNXX, Daniel Vega; xunto con rexedores doutros concellos da Mariña e membros das xuntas locais de Novas Xeracións.
O novo presidente de NNXX da Pontenova, Jorge Moirón manifestou a ilusión da nova executiva e reincidiu nas ganas de traballar “pola xente nova e polo noso concello”. Un reto de futuro no que estará acompañado do secretario, Álvaro Cabo e dos vogais, Bruno Acebras, Mónica Uría e Daniel Veiga.
Pola súa banda, o presidente provincial de Novas Xeracións da Provincia de Lugo, Daniel Vega, felicitou á nova executiva por formar parte dunha agrupación caracterizada pola “liberdade e por ser o reflexo da xuventude”. De igual maneira, Vega animou a nova xunta a traballar para que o Partido Popular da Pontenova gañe as próximas eleccións municipais, ao tempo que lles ofreceu o apoio dende a executiva provincial. O presidente provincial tamén recordou que “desta
maneira Novas Xeracións segue traballando para constituír xuntas locais en cada municipio lucense”

















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



