Nota de Prensa
Besteiro condiciona o reparto de equipos informáticos ós Concellos do Innova-TE á súa implicación na e-Administración
– Os entes locais deben ter aprobada ou en exposición pública a ordenanza municipal imprescindible para dar validez legal ós 79 trámites que os veciños poderán facer co seu Concello
– O organismo provincial ten preparados para o seu reparto ordenadores de sobremesa, portátiles, impresoras, servidores e pantallas multimedia de información
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este martes que o organismo provincial está en condicións de iniciar o reparto de equipamento tecnolóxico ós 50 concellos adheridos ó programa Innova-TE e que a distribución do material estará condicionada a que os ente locais teñan aprobada ou en exposición pública a ordenanza municipal imprescindible para poñer en marcha a e-Administración e dar validez legal ós 79 trámites que os veciños poderán realizar co seu Concello grazas ó proxecto da Deputación. Gómez Besteiro destacou que “non ten sentido premiar neste momento ós concellos con equipos informáticos para a Administración Electrónica se non responderon na implantación deste servizo ós cidadáns”, explicou Gómez Besteiro.
Neste sentido, o Presidente lembrou que, para evitar traballos ós Concellos, a Deputación remitiulles a mencionada ordenanza de sede electrónica no pasado mes setembro, polo tanto, “é razoable que en marzo estea aprobada porque só hai que levala ó Pleno municipal”. “Un exemplo: Non podemos pagarlle o carné de conducir e agora o coche sen que o interesado nin sequera teña interese en aparecer pola clase”, recalcou Gómez Besteiro.
A través do programa Innova-TE, financiado nun 70% pola Unión Europea, a Deputación mercou exactamente aqueles equipos que, segundo unha auditoría previa, eran estritamente necesarios nos concellos. O material, que está baixo a custodia do organismo provincial, é o seguinte: 136 ordenadores, 102 portátiles, 42 impresoras, 33 servidores e 50 pantallas multimedia de información. A súa compra, distribución e instalación ten un presuposto de 1,4 millóns de euros.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



