Nota de prensa
o pp acusa a garcía rivera de “ MALGASTAR o orzamento do concello como consecuencia dunha descontrolada” xestión económica
* Fernández Manín sinala que o remanente de tesourería positivo por valor de 60.000 euros do que fala o Alcalde “é virtual” porque o Concello está obrigado a devolver ao Estado 192.000 euros polas achegas recibidas en exceso no ano 98.
Foz, 10 de marzo de 2011.- O voceiro local do Partido Popular, Pedro Fernández Manín, acusou ao alcalde, José María García Rivera, de “gastar dun xeito incontrolado ” o orzamento municipal do ano 2010 que corresponde ao aprobado no ano 2008 como consecuencia dunha mala xestión económica que está a poñer “contra as cordas” á Facenda municipal e, polo tanto, “hipotecar o futuro do Concello”.
Os populares explican así os motivos polos que non apoiaron unha nova proposta do alcalde, no pasado pleno, para efectuar un recoñecemento extraxudicial de créditos por valor de 288.000 euros, que o rexedor pretendía sacar adiante a cargo aos orzamentos de 2011, que xa de por si son os presupostos prorrogados de toda a lexislatura. O Sr. Rivera non é capaz de cumprir coas súas obrigas orzamentarias e agora intenta botarlle a culpa dos desfases nos gastos ao mantemento da nova Escola Infantil e o edificio Cenima, pretendendo que recoñezamos novos gastos amparándose nunha suposta contabilidade positiva que non é tal, e que evidencia o xeito tan imprudente co que o Goberno municipal fixo as cousas ao non ter en conta o recomendado dos servizos técnicos do mesmo concello.
Fernández Manín indicou tamén que o remanente de tesourería positivo, por valor de 60.000 euros do que fixo gala o sr. alcalde en diversas ocasións “é virtual, non existe na realidade” xa que o Concello está obrigado a devolver ao Estado preto de 192.000 euros polas achegas recibidas en exceso no ano 2008, devolución para a que o Partido Popular presentou unha moción no concello solicitando ao Goberno do Sr. Zapatero que quedara sen efecto, dada a crise que estamos a sufrir, e a que o grupo socialista municipal se abstivo, figurando no mesmo o sr. Cancio. “Ao final a realidade é que o Concello se atopa en números vermellos presupostariamente e que lonxe de aceptar esta situación e corrixila, o alcalde segue a enganar aos veciños, probablemente porque non pode xustificar que un dos acredores do Concello sexa o Goberno do Estado, da súa mesma cor política, que pretende que lle devolvamos uns cartos que recibimos de máis polos malos cálculos do propio Estado”
O portavoz local do PP tamén sinalou que “visto o visto a parálise que sufre este concello, en canto a escaseza de novos servizos, mantemento en xeral, e apoio aos sectores produtivos e comercial, moitos veciños se preguntan onde foron a parar a demais dos 6 millóns de euros do presuposto do ano 2010, o remanente de tesourería de 1.008.000 euros que segundo o orzamento dispoñía o Concello para gastar da anterior anualidade”, “nin sabemos onde van, nin en onde se inverteron, pois á hora de verdade todas as facturas pendentes se pretende aprobar con recoñecementos extraxudiciais de créditos con cargo ao ano 2011, porque remanente no existe, e nos, non queremos ser cómplices deste comportamento tan inxustificable.