Nota de prensa:
ADEGA HONRA OS RÍOS GALEGOS MESTURANDO AS SÚAS AUGAS NA EIRA DA XOANA
Compostela, a 21 de marzo de 2011.- ADEGA celebrou o Día Mundial da Auga o pasado domingo 20 de marzo cun acto de homenaxe a todos os ríos de Galiza que tivo lugar no centro medioambiental A Eira da Xoana, situado no treito alto do río Ulla, na parroquia de Ramil (Agolada). Alí congregáronse centos de persoas procedentes de todo o país que, a nivel individual ou colectivo, participaron do movemento ecoloxista ou cultural a prol da defensa e protección dos nosos ríos. O acto de homenaxe tamén serviu para clausurar a celebración da VI Copa Galega de Kaiak extremo no río Ulla.
Centos de persoas participaron da homenaxe que ADEGA lle quixo brindar aos ríos de Galiza nun acto simbólico polo cal se mesturaron nun mesmo lugar as augas de preto de 30 ríos pertencentes a diferentes espazos da nosa xeografía. Con este xesto, ADEGA quixo representar a unidade de toda a sociedade galega na defensa e protección dos ríos como fonte de vida e a vontade colectiva para seguir loitando contra as ameazas ás que a diario están sometidos: vertidos, desvíos, canalizacións, paseos fluviais agresivos, autoestradas e outras infraestruturas, encoros, minicentrais, urbanizacións, etc.
No acto simbólico homes e mulleres de todo o país evocaron a súa experiencia persoal ou reivindicativa cos ríos, ao tempo que depositaban e mesturaban nun mesmo recipiente as augas recollidas dos diferentes leitos fluviais que alí foron honrados: Miño, Sil, Lor (Courel), Ulla, Tinto, Pambre (Palas de Rei), Lavacolla (Compostela), Corgo (Santiago), Narla (Lugo), Mao, Belelle, Caselas, Umia , río dos Cabalos (Laxe), Maior (Esteiro-Muros), Traba, Neira (Neira de Rei), Valdevea (afluente do Ulla), Almofrei (Pontevedra), Barcés (As Mariñas-A Coruña), Sarela (afluente do Sar), Mendo (Betanzos), Mandeo (Betanzos). Tamén se depositaron augas das Brañas de Sada.
Os escritores Xosé Luis Santos e Xesús Pereiras contribuíron a este acto con recitais dedicados ao Ulla e, nomeadamente, ás Torrente do Mácara, onde hai anos se pretendían construír varias centrais hidroeléctricas e onde hoxe en día se celebran os campionatos galegos de kaiak extremo. Adela Figueroa, pola súa parte, dedicou varios poemas aos ríos Miño, Sil e Lor. Outros, preferiron rendir homenaxe cantando aos ríos como fixo o pescador Antón Cotos. O evento contou ademais coa presenza do recoñecido debuxante da natureza , Calros Silvar, e de expertos en fauna fluvial como Carlos Miguélez do Centro Ictioxénico do Carballiño, quen deu o seguinte dato: “das 2.000 especies de vertebrados que viven nos ríos catalogados no Estado español, 1.600 viven nos ríos galegos e 30 especies de larvas son autóctonas de Galiza”.
Co caldo resultante da mestura das augas procedentes dos diferentes ríos galegos, ADEGA regará as árbores que pretende plantar na Eira da Xoana con motivo do Día Mundial da Árbore, o vindeiro 2 de abril.





















Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.



