Nota de prensa
VII. Xornada da LNB NorLeste
O domingo 20 de marzo na alameda dos Remedios de Mondoñedo celebrouse unha estupenda xornada de billarda e tal e como se esperaba houbo asistencia masiva de palanadores, Tódalas franquicias que xogan na conferencia NorLeste estiveron representadas (Bateas, Billardeiros Musicais, Ekipa Bítere, M de Meira, Madia Leva, O Cadaval, Os Outros, Remeourelle Bulls) e tamén contamos ca presencia dalgúns dos palanadores mais veterans como Servando, Bruno, Julio e a excampiona nacional Ana, que colleron de novo o palán. Todos eles amosaron que non se lles olvidou xogar a billarda e deron bos golpes, ainda que acusaron en exceso a inactividade e quedaron as portas das eliminatorias directas.
Como preludio da primavera que chega, o astro sol xunguiuse o carro da LNB e brilou toda a tarde, para alumear a un renacido Markytos, moi necesitado de puntos, e guialo cara a victoria final. Xa era tempo de que o vixente campión nacional (o único que ata o de agora foi quen de acadar por dúas voltas o campeonato nas finais de Conxo) voltara para darnos unha tarde de gloria con golpes además de efectivos moi difíciles e vistosos e facendo dous espectaculares varados gracias os que conseguiu doblegar primeiro a Geni e logo a Eric par acadar a final.
Desta volta e debido a cantidade de palanadores, xogouse unha final a catro e acompañando a Markytos coláronse tamén dous compañeiros de equipo (Billardeiros Musicais), Daniel e Hugo; o carto en disputa foi o Bateas incombustible, Xan Rodiño, un habitual das finais en tódalas conferencias: domina no Centro, manda na Bezouqueira e cos puntos de onte supera a Guille na clasificación individual e acada tamen o primeiro posto na conferencia Norleste, ainda que compartido con Daniel. Disque o seu verdadeiro apelido non é Rodiño senón “Rolo ou Rodillo”. Un verdadeiro campión que por riba de sacar os mellores golpes cando lle fan falla, conta tamén coa sorte dos campións (por dúas veces lle sorreiu en Mondoñedo, un golpe que iba fora petou nun canto da pista e tornouse en varado e doutra volta foi unha billarda no chan a que impediu que a súa saira polo fondo). Pero desta volta nin os bos golpes nin a fortuna foron dabondo e tivo que ceder ante un crecido MARKYTOS que non se deixou amedrentar e merecidamente fixo seu un triunfo que buscou toda a tarde.
Na primeira carreira os catro finalistas puntuaron igual, 2 puntos; na segunda Markytos fixo 2 puntos, Daniel e Hugo 1 punto, Xan non puntuou e na derradeira, foi Xan o que conseguiu 2 puntos e Daniel o que quedou sin puntuar polo que a clasificación quedou así. Markytos con 5 puntos Campión, Hugo segundo con 4 puntos, Xan terceiro con 4 puntos e Daniel cuarto con 3 puntos.
Houbo agasallos para os tres primeiros, un pratiño conmemorativo e mais uns libros, cedidos graciosamente polo Concello de Mondoñedo, e o campión poido degustar a deliciosa tarta patrocinada por Txomin.
Noraboa a tribu billardeira por iste novo éxito. Tardes como ista son as que fan afición. Emplazamosvos a todos para a vindeira cita o 16 de abril en Lugo ca posibilidade de que tamén ó 17 se faga un aberto non puntuable en San Miguel de Reinante. Adiante co Varal!




















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
