Nota de prensa
Piscicultura industrial con antibióticos e químicos nas rías e na costa? Non, grazas
23 de marzo de 2011. A polémica instalación dunhas gaiolas para o cultivo do salmón na ría de Muros é para ADEGA outro episodio na confrontación entre dous modelos de produción de alimentos: o baseado nos recursos endóxenos e na conservación dos ecosistemas naturais e o estritamente produtivista que promove a acuicultura industrial intensiva. A pesca de baixura e marisqueo baséanse en aproveitar a inmensa potencialidade biolóxica das rías. Deixan ademais máis valor engadido nas comunidades locais e xeran máis postos de traballo. A acuicultura industrial, tanto en terra como no mar, busca xerar grandes producións de peixe barato mediante a intensivización, a alimentación forzada e o uso masivo de antibióticos e produtos químicos. Está deseñado “de costas” ao mar, con criterios exclusivamente produtivistas e especulativos. Provoca adermais importantes desequilibrios ambientais e sociais, xera menos emprego e pon en perigo a potencialidade biolóxica e o futuro dunhas rías xa de por si moi castigadas.
ADEGA apoia pois as reivindicacións das confrarías e os colectivos do sector na súa denuncia dos graves impactos que unha instalación industrial de 5000 Tm de salmón ao ano vai ter na ría de Muros. Mais queremos que o sector vaia máis aló das afeccións deste proxecto concreto e reflexione tamén sobre as consecuencias do modelo que representa a acuicultura industrial, tanto en terra como a flote, e que ten o seu principal expoñente no Plano Acuícola.
Acontece que o vixente Plano Acuícola (asometido agora a revisión polo PP) vai ocupar 3 millóns de metros cadrados de costa virxe e xerar millóns de metros cúbicos de augas altamente contaminadas que verteranse no corazón dos ecosistemas costeiros máis valiosos. Os impactos derivados destas macroplantas son os mesmos (antibióticos, produtos químisos, eutrofización, parasitismo, epizootias…) en termos cualitativos, que os das gaiolas de salmón, mais en cantidade infinitamente maior. Ocupan ademáis territorios moi valiosos dende o punto de vista paisaxístico e ambiental, teñen unha baixísima xeración de postos de traballo e son un sumidoiro de subvencións públicas.
O sector, mobilizado agora por esta instalación de salmón, non debería ficar impasíbel fronte á ameaza tamén moi real das macroplantas de rodaballo do Plano Acuícola. Tras a terceira reforma en 5 anos, a actual Xunta estao a reformar para darlle gosto a Pescanova: sen dúbida, Touriñán voltará a estar de novo entre as instalacións previstas. Pode ser que confrarías e ecoloxistas conquiramos desbotar o proxecto do salmón, mais será unha vitoria pírrica se a Xunta consigue coar ao sector o gol do “Plano Director da Acuicultura”.
ADEGA fai un chamado ás confrarías e ao sector da baixura para mobilizarse a prol dun desenvolvemento sustentábel da pesca e a acuicultura, e opoñerse non só a unha instalación, senon a todo o modelo depredador da piscicultura industrial. É o momento de esixir da Xunta medidas para garantir a sustentabilidade duns ecosistemas, as nosas rías, que xa están no límite da súa capaciade de carga.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



